Licitadas no BOE obras da LAV a Galicia por importe de 76,2 millóns de euros


O pasado 24 de maio daba conta neste Bolg de que nesa data informaba o Ministerio de Fomento, a través de  Adif Alta Velocidade (Adif AV), “que proporcionou un novo e importante impulso á Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia, pertencente ao Corredor Norte-Noroeste, ao aprobar a licitación e adxudicación de diversos contratos, por importe global de 106.901.966 euros (IVE incluído), para o avance dos traballos no traxecto comprendido entre Pedralba de la Pradería (Zamora) e Ourense, que sería o único pendente de conclusión unha vez que finalicen as obras entre Zamora e  Pedralba, cuxa terminación está prevista para este ano.

Naquela data o Ministerio estaba dirixido por Íñigo De la Serna. Pois ben agora, despois do cambio de executivo, e baixo o mandato de José Luis Ábalos vemos como dáse publicidade a varias daquelas licitacións.

Así onte o BOE publicaba tres anuncios de licitacións de obras de ADIF Alta Velocidad - Consejo de Administración que sumadas acadan 76.279.720 € .

- Obxecto: Execución de obras do proxecto de construción da base de montaxe no termo municipal de  A Mezquita e instalacións auxiliares para a montaxe de vía no corredor norte-noroeste de alta velocidade. tramo:  Olmedo-Lubián- Ourense. subtramo: Pedralba de la Pradería- Taboadela

Valor estimado: 11.008.014,80 euros.

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 11 meses.


- Obxecto: Execución de obras do proxecto de construción dun cambiador de ancho de Taboadela, montaxe de vía no ramal de conexión da  LAV Madrid - Galicia coa liña convencional e remodelación da estación de Taboadela.

Valor estimado: 9.100.433,69 euros.

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 11 meses.


- Obxecto: Execución de obras do proxecto de construción de montaxe de vía para o tramo: Pedralba de la Pradería –  Campobecerros.

 Valor estimado: 56.171.282,82 euros. 

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 13 meses.

https://www.boe.es/boe/dias/2018/07/05/pdfs/BOE-B-2018-36306.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.