Participando na elección de á presidencia do Partido Popular


Participo hoxe en Ourense no proceso electoral do Partido Popular

Trátase do primeiro conclave no que os militantes temos voto directo na elección á presidencia. 

En España inscribíronse 66.706 afiliados  deles en Galicia un total de 4.564.

 Os afiliados inscritos tamén votarán a selección dos compromisarios ao Congreso, no que Galicia, que conta con 279 compromisarios electos e 48 natos, será a cuarta autonomía con máis delegados.

Como resultado desta votación, serán proclamados candidatos á presidencia do Partido, para a súa elección polos compromisarios, os dous precandidatos que tivesen obtido o maior número de votos emitidos polos afiliados.Esos pasarán á segunda volta.

Serán logo 3.184 compromisarios os que procederán a elección definitiva do presidente do Partido Popular no Congreso Nacional Extraordinario que se celebrará os próximos días 20 e 21 de xullo en Madrid.


Con la tecnología de Blogger.