viernes, 13 de julio de 2018

O ministro Ábalos confirma o cronograma para a chegada da Alta Velocidade a Pedralba e a Ourense

Como dicía na anterior entrada, onte compareceu o Ministro de Fomento, José Luis Ábalos na Comisión que presido e tras informar sobre as liñas xerais da política do seu Departamento, someteuse ás preguntas dos diferentes portavoces dos Grupos Parlamentarios: Mixto, PNV, ERC, Cidadáns, Confederal de Unidos Podemos-En  Comú  Podem- En  mare, PSOE e Partido Popular.

Por parte do  GPP interveu o seu portavoz titular Miguel  Barrachina ao que pedín – que dado que eu estaba a presidir- que formulase unha pregunta no meu nome ao Sr. Ábalos sobre se seguiría impulsando as obras da  LAV a Galicia para posibilitar o cumprimento do compromiso ministerial contraído e con cronograma avalado por  Adif Alta Velocidade. 

Esto dicía o meu compañeiro: "Hay seis actuaciones previstas en este año, seis tramos importantes: uno que ya ha puesto en marcha, el Valencia-Castellón, el que me permite llegar en la alta velocidad que ustedes criticaban y que ahora ustedes mismos utilizan asiduamente; un tramo importantísimo, el Zamora-Pedralba de la Pradería, que es del corredor de Galicia, que estaba previsto concluir este año, terminarlo en 2018, y que llegara hasta Ourense, hasta la ciudad de don Celso Delgado en 2019, si se mantiene -era la segunda actuación de AVE que se pretendía terminar en 2018-; la misma actuación de AVE, Venta de Baños, en Palencia con Burgos, la Chamartín-Torrejón de Velasco en Madrid, la Monforte del Cid-Murcia, y dos actuaciones en el corredor mediterráneo, también previstas para concluir la obra -no hablo de la puesta en servicio, que es una cuestión de la Agencia de Seguridad- entre Tarragona y Vandellós hacia mi provincia de Castellón, y también entre Antequera y Granada."

Na súa quenda de resposta Ábalos dixo o seguinte:

“Con respecto a Galicia, de una de las obras entre Zamora y Pedralba de la Pradería les puedo decir que es lo mismo que ya sabían Vdes. Me dan la misma respuesta, de momento que antes que termine 2018 estarán finalizadas las obras entre Zamora y Pedralba de la Pradería y antes del término del próximo año 2019 estén finalizadas entre Pedralba de la Pradería y Ourense; tengo la misma información, de momento lo que puedo hacer es confirmarla” 

Pode oírse esta resposta para partir do minuto 4:53:25 ao 4:54:00

Agradezo a claridade desta resposta, que vén coincidir co que comprometera o anterior ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, con ocasión da súa presenza en Ourense o pasado 7 de maio de 2018.  
Entónces dixo  sobre o tramo de Zamora a Pedralba de la Pradería, de 110 km,  que “ten unha data xa comprometida de finalización de obras neste ano 2018, un reto moi importante". E a partir de aí comezar coa circulación en probas.”
E tamén se refería o anterior ministro aos 117 km entre  Pedralba e Ourense dicindo  que :"Despois de falar das dificultades que houbo en anos anteriores que tiveron a obra comprometida, a realidade é que hoxe todas as obras desde  Pedralba ata Taboadela conseguíronse renovar e hai 17 tramos a pleno rendemento para alcanzar o obxectivo de conclusión da infraestrutura a finais de 2019, e por iso trabállase tamén no tramo desde Taboadela a Ourense”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.