A Xunta cofinancia con case 4 millóns de euros o 67% do aparcadoiro da estación intermodal de Ourense


O pasado xoves o Consello da Xunta. Tomou unha importante decisión  desbloqueando o crédito necesario para cofinanciar con case 4 millóns de euros o 67% do aparcadoiro da estación intermodal de Ourense.

Esa infraestrutura, cuxo deseño técnico correu a cargo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda foi remitido o pasado mes de abril ao Ministerio de Fomento que, a través do ADIF, será o encargado de contratar e executar as obras, ademais de sufragar o custo restante.

Este aparcadoiro disporá de 302 prazas e, ademais de prestar servizo ás estacións de ferrocarril e autobuses, será de grande utilidade ao barrio da Ponte e permitirá a reordenación da actual praza da estación.

O aparcadoiro subterráneo forma parte da primeira fase do gran proxecto da estación intermodal de Ourense, xunto coa nova terminal de autobuses intermodal, cuxas obras foron licitadas o pasado 26 de febreiro pola Xunta de Galicia por un importe de 4,2 millóns de euros e cuxo inicio se prevé para este mesmo mes de xullo.

Situado baixo a área de aparcadoiro da actual praza da estación, terá unha superficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302 prazas, e incluirá 10 estacionamentos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

O aparcadoiro conectarase coa rúa Eulogio Gómez Franqueira mediante ramplas independentes de vehículos para entrada e saída, situadas ambas no lado sur do equipamento.

O desembarco á superficie realizarase en paralelo á rúa, de forma que se poida conectar con ela de forma directa e sen afectar os percorridos peonís na praza nin o tráfico urbano. Ademais, disporase de tres puntos de acceso peonil desde a praza da estación. Dous deles situaranse na área norte, máis próximas á entrada dás terminais de autobuses e de ferrocarril, respectivamente, e contarán con ascensor accesible. O terceiro situarase no lado sur do aparcadoiro.

Nunha 2ª fase, que desenvolverá o Ministerio de Fomento, levarase a cabo a adaptación da terminal de ferrocarril e as actuacións para mellorar a integración urbana e a conexión transversal cos barrios da Ponte e do Vinteún.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.