No faladoiro de Radio Voz



Interveño hoxe no faladoiro do programa Voces de Galicia de Radio Voz na que a moderadora nos expuxo a Pablo Mosquera e aos meus dous temas.

En primeiro lugar sobre o contido do discurso do presidente  do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, con motivo da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.

Valorei como moi positivo que fixera referencia aos casos  de corrupción que afectan á credibilidade das institucións, de que con independencia dos feitos que deben xulgar os tribunais, resultaba imprescindible que todos pidamos desculpas –con responsabilidade ou sen ela- polos erros cometidos e seguir reforzando os mecanismos de prevención para impedir que accións deste tipo podan repetirse no futuro.

Puxen de manifesto os avances na loita contra a corrupción e protección do denunciante. E que Transparencia Internacional informou que en España avanzouse coa lei orgánica pola que se mellorou o control económico e financeiro dos partidos políticos, a adaptación da Lei de Axuizamento Criminal e a reforma do Código penal, que endurece as penas e amplía o espectro de delitos asociados coa corrupción.

Falamos logo dos actos do Día da Patria  Galega que onte protagonizaron o BNG e En Marea.

Sobre a manifestación do BNG manifestei a miña simpatía sobre a mesma pero non así polas caducas mensaxes que se trasladaron un ano máis na praza da Quintana.  Dixen que é incomprensible que Ana Pontón aludise ao “silencio e abandono” que as fozas estatais reservan a Galiza.

Lembrei que nas últimas eleccións autonómicas de 2016 o BNG que só obtivo o  apoio do 8,36 % do electorado, fronte ao 47,53 % do PP de  G, o 19, 7 % de En Marea e o 17,88 % do  PsdeG-PSOE.

Estes datos acreditan as preferencias dos electores, e que o BNG, que no seu día foi unha forza política con influencia real, hoxe instálase nunha posición moi minoritaria e todo iso pola vontade dos galegos. E tamén lamentei o apoio que deu Ana Pontón a aqueles que puxeron en xaque en Cataluña ao estado de Dereito, chamándolles “presos políticos”.

Sobre os actos de En Marea, mostrei a miña perplexidade ante o feito de que houbese polo menos catro actos das diferentes forzas que a integran, o que evidencia a súa división.

Con la tecnología de Blogger.