EPA 2T 2018: Aumenta a ocupación en España en 469.900 persoas , delas 25.700 en Galicia e 2.100 en Ourense


Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre de 2018.

Segundo estes datos en España: 

 O número de ocupados aumenta en 469.900 persoas no segundo trimestre de 2018 respecto ao trimestre anterior (un 2,49%) e sitúase en 19.344.100. É o maior incremento trimestral de ocupados observado na serie histórica EPA. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do 1,00%.

O emprego creceu en 530.800 persoas (un 2,82%) nos 12 últimos meses. - A ocupación aumenta este trimestre en 12.100 persoas no sector público e en 457.800 no privado.

Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 416.700 persoas no sector privado e en 114.100 no público.

- Os asalariados aumentan este trimestre en 465.100. Este incremento repártese practicamente a partes iguais entre contratos temporais (233.700 máis) e indefinidos (231.400). En variación anual, o número de asalariados crece en 567.000 (o emprego indefinido increméntase en 416.200 persoas e o temporal en 150.800). O número de traballadores por conta propia sobe en 3.500 este trimestre, pero baixa en 35.900 nos 12 últimos meses.

 - A ocupación aumenta este trimestre nos Servizos (371.400 máis), na Construción (63.400) e na Industria (46.400), e baixa na Agricultura (11.300 menos). No último ano en Servizos hai 373.000 ocupados máis, en Industria 86.200 e en Construción 81.600. Pola contra, en Agricultura hai 10.100 menos.

 - Este trimestre prodúcense incrementos de emprego en todas as comunidades autónomas. Os maiores danse en  Illes  Balears (85.400 máis), Andalucía (64.700) e Cataluña (57.200). No último ano os maiores aumentos do número de ocupados obsérvanse en Cataluña (89.900), Comunidad de Madrid (85.200) e  Comunitat Valenciana (84.900). Pola súa banda, no Principado de Asturias, o emprego redúcese en 6.700 nos últimos 12 meses.

- O número de parados baixa este trimestre en 306.000 persoas (–8,06%) e sitúase en 3.490.100. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do –4,09%.

Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 424.200 persoas (–10,84%).

- A taxa de paro sitúase no 15,28%, o que supón 1,46 puntos menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 1,94 puntos.

- Por comunidades, o descenso trimestral do paro é xeral. As maiores baixadas danse en Andalucía (65.400 parados menos), Comunidad de Madrid (–45.900) e  Comunitat Valenciana (–32.600). En termos anuais, as maiores reducións do número de parados prodúcense en Andalucía (89.900 menos),  Comunitat Valenciana (–71.400) e Cataluña (–65.500).

 - O número de activos aumenta este trimestre en 163.900, ata 22.834.200. A taxa de actividade sobe 34 centésimas e sitúase no 58,80%. No último ano a poboación activa incrementouse en 106.600 persoas. 

GALICIA

Os datos do INE acreditan que Galicia conta no segundo trimestre de 2018 con 175.000 parados (26.500 menos que hai un ano).

 E con 1.075.800 ocupados, 26.900 máis que hai un ano.

A taxa de paro sitúase nun 13,99 %, 2,12 puntos menos que hai un ano, baixando nas catro provincias e continúa sendo inferior á España en 1,29 puntos. (Galicia: 13,99; España: 15,28). 

CON RESPECTO AO TRIMESTRE ANTERIOR

Os parados baixan en 11.500 persoas e o número de ocupados aumenta en 25.700 persoas.


https://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/OperacionsConxunturais/EPA.html


OURENSE

Os datos do INE acreditan que Ourense conta no segundo trimestre de 2018 con 113.500 ocupados (5.500 máis que hai un ano) e  17.500 parados (3.900 menos que hai un ano).

A taxa de paro sitúase nun 13,36 %, 3,18 puntos menos que hai un ano.

A  taxa de actividade queda no 48,32 %.


CON RESPECTO AO TRIMESTRE ANTERIOR

Os parados baixan en 1.000 persoas e o número de ocupados aumenta en 2.100 persoas.

Celebramos moito estos datos que revelan que a política económica desenvolta polo Goberno do Partido Popular está xendo moi exitosa. 

Lembro, neste sentido que Mariano Rajoy foi presidente do Goberno ata o día 2 de xuño. 

Agardemos que estos bos resultados continúen nesta nova etapa tras a moción de censura.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.