Publica hoxe o BOE un Anuncio de licitación de: ADIF Alta
Velocidade - Consello de Administración, que ten por obxecto a subministración
e transporte de aparellos de dilatación para as liñas de alta velocidade:
Madrid-Galicia, León-Asturias e Madrid-Estremadura fase II.
O contrato ten un valor estimado: 6.725.402,24 euros e a
duración do mesmo é de 16 meses.
Estes elementos teñen como principal función absorber, total
ou parcialmente, os efectos das variacións de temperatura, permitindo así os
movementos de dilatación e contracción dos carrís, polo que constitúen un
elemento esencial para garantir os óptimos parámetros de calidade de rodaxe e
continuidade de vía en puntos singulares da infraestrutura, como viadutos.
Os aparellos de dilatación de vía garanten o mantemento do
ancho do tendido férreo fronte a cambios de temperatura. Están formados
basicamente por un mecanismo composto por dúas barras de aceiro que se deslizan
unha sobre outra nun lugar no que se practicaron unhas seccións en diagonal nos
raíles.
O seu obxectivo é compensar as posibles dilatacións que se producen nos carrís ante cambios considerables de temperatura.
O seu obxectivo é compensar as posibles dilatacións que se producen nos carrís ante cambios considerables de temperatura.
https://www.boe.es/boe/dias/2018/07/31/pdfs/BOE-B-2018-39644.pdf
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.