domingo, 15 de julio de 2018

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso


O Pleno do Congreso dos Deputados reunirase de novo en sesión extraordinaria o luns ás 17.00 horas para votar a elixir aos 4 membros do Consello de Administración da Corporación de RTVE correspondentes ao Senado, ao non alcanzar a pasada semana a maioría de dous terzos necesaria para elixilos nesta primeira volta.

Segundo o establecido no Real Decreto-Lei 4/2018, do 22 de xuño, se o Senado non consegue elixir os seus conselleiros nin en primeira nin en segunda votación, o Congreso dos Deputados poderá facelo nun prazo de dez días, é dicir, antes do 18 de xullo. Desta maneira, o Congreso debe elixir, cunha maioría de 2/3 aos catro membros do Consello que corresponden á Cámara Alta. Ao non lograr o apoio necesario, producirase unha segunda votación pasadas 48 horas na que será necesaria a maioría absoluta e o apoio da metade dos grupos parlamentarios.

No caso de que o Pleno do Congreso non aprobase a elección dos catro conselleiros en ningunha das dúas votacións, o Goberno nomeará un administrador provisional único que deberá ser votado no Congreso dos Deputados e que para ser elixir necesita tamén maioría de 2/3 ou absoluta 48 horas despois.

As listas dos catro candidatos a formar parte do Consello de RTVE é a mesma que se debateu no último pleno no Senado. Os conselleiros propostos polos grupos Socialista, Unidos Podemos-En  Comú  Podem-En Marea e PNV son Ana Isabel Pechada, Fernando López  Agudín, Josep-Lluis  Micó e Juan  Tortosa.

O pasado mércores o Congreso dos Deputados elixiu aos seus 6 conselleiros correspondentes tras obter a maioría absoluta da Cámara. A lista presentada polo Grupo Socialista, Unidos Podemos-En  Comù  Podem-En Marea, e do PNV (composta por Rosa María  Artal, Cristina Fallarás, Juan José Baños, Concepción  Cascajosa, Víctor Sampedro e Tomás Fernando Flores) logrou 177 votos para cada candidato. Na sesión celebrada o luns non alcanzaran os 2/3 necesarios. No Senado ningunha das candidaturas presentadas logrou os 2/3 na sesión do martes nin a maioría absoluta na do xoves.

Se o Congreso aproba o luns a elección dos catro conselleiros procederase a votar ao presidente do Consello de Administración da Corporación de RTVE, de entre os elixidos previamente. Para iso deberá obter a maioría de 2/3 da cámara en primeira votación ou a maioría absoluta e o apoio de, polo menos, a metade dos grupos en segunda.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comparecerá o vindeiro martes 17 a petición propia no Congreso dos Deputados para informar sobre o seu programa de goberno e o último Consello Europeo.

Segundo establece o artigo 203 do regulamento do Congreso dos deputados, despois da exposición oral do Goberno poderán intervir os representantes de cada grupo parlamentario por dez minutos fixando posicións, formulando preguntas ou facendo observacións.

Pedro Sánchez, ademais de explicar o programa político do seu Executivo, informará sobre os acordos alcanzados no Consello Europeo que se celebrou o pasado 28 e 29 de xuño de 2018. Un día antes da súa celebración, o presidente do Goberno acudiu ao Congreso dos Deputados para informar en Sesión Plenaria a postura que tomaría o Executivo no cume celebrado en Bruxelas. Dita sesión informativa foi solicitada polo propio Pedro Sánchez e polo grupo confederal de Unidos Podemos-En  Comú  Podem-En Marea.

Nesta mesma liña, todos os ministros que compoñen o novo goberno compareceron ou van comparecer esta semana nas súas respectivas para informar sobre as liñas da súa xestión ao resto de grupos parlamentarios.

E ese mesmo día 17 pola tarde celebraremos unha nova sesión da Comisión de Investigación sobre o accidente ferroviario ocorrido en Santiago o 24 de xullo de 2013, na que desde as 16,00 horas recibiremos a comparecencia de D. José Ramón Iglesias Mazaira, Xefe de Maquinistas de RENFE Operadora e de D.  Nicolás Izquierdo Nadal, Xefe de Tráfico de RENFE Operadora, para informar sobre asuntos de interese para esta Comisión.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.