A Comisión Europea propón a modificación do trazado do Corredor Atlántico, que incorpora a demanda conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León


Compartir coas Comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León a celebración da decisión da Comisión Europea de incorporar o noroeste español ao Corredor Atlántico de Transporte de Mercadorías, o que suporá incrementar a súa competitividade económica e a súa  capacidade loxística. 

A Comisión Europea fixo pública esta mañá  a súa proposta de modificación do trazado do Corredor Atlántico, que incorpora a demanda conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León, que quedou plasmada na Declaración institucional asinada o pasado 9 de outubro de 2017 en Santiago de Compostela e na que tiven oportunidade de asistir para testemuñar o meu decidido apoio.

Compre salientar que a nova anunciada hoxe é froito dun intenso e eficaz traballo institucional realizado ante as autoridades españolas e europeas en defensa da competitividade dos tres territorios: Administración Central, Autonómica e Local. E tamén das Cortes Xerais e do Parlamento de Galicia.


Asemade e xusto recoñecer o apoio de diferentes asociacións como o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Organizacións Empresariais, Cámaras de Comercio, Colexios Profesionais, Transportistas,Consorcio da Zona Franca, Autoridades Portuarias, Partidos Políticos de diferente signo, medios de comunicación, etc.

Sen dúbida a alianza dos tres executivos autonómicos, impulsada pola Conselleira Ethel Vázquez, reforzou a defensa do Ministerio de Fomento dirixido por Íñigo de la Serna de que o trazado español do Corredor Atlántico incorporase e priorizase a conexión ferroviaria dos portos marítimos e centros loxísticos de Vigo, A Coruña, Xixón e Avilés, a través de Palencia, León, O Barco de , Monforte de Lemos e Ourense.

A incorporación desas liñas ao trazado do Corredor Atlántico convérteas en preferentes e, ao complementarse coa liña de costa entre A Coruña, Avilés e Xixón, screa  bucle de conexión dos portos da cornixa atlántica.

Froito dos esforzos conxuntos, destacando a Comisión Europea mostra agora o apoio á  realización das oportunas modificacións da Rede Transeuropea de Transporte e da conexión ferroviaria coas terminais portuarias e principais plataformas intermodais, co propósito de facilitar un reparto máis eficiente -económica e ambientalmente-, entre os diferentes modos de transporte, reequilibrando as posibilidades de atracción industrial destas comunidades.


A decisión, que deberá ser referendada polo Parlamento e o Consello europeo, garantirá fondos comunitarios para a modernización da liña de ferrocarril de mercadorías a través do mecanismo de financiamento ‘Conectar Europa’.


Agardamos que eso sexa unha realidade, despois de que  o pasado 15 de maio, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, analizara co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, os principais retos da Unión Europea e da política comunitaria relevantes para Galicia, entre eles o Corredor Atlántico de Mercadorías, e tamén o avellentamento da poboación, as axudas da PAC e o brexit.

Parabéns a todos !

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.