PGE 2018: Aprobada unha emenda para estudar a creación de zonas de adiantamento entre Ourense e Os Peares

A Comisión de Orzamentos reuniuse esta semana, para debater e votar o informe do relatorio e as emendas ao articulado e as seccións e elaborar o ditame dos Orzamentos Xerais do Estado de 2018, o paso previo a debater por última vez en Pleno o proxecto antes de envialo ao Senado. 

Onte 17 de maio, na Comisión de Orzamentos do Congreso dos Deputados foi aprobada unha emenda  transaccionada entre os Grupos Parlamentarios de Cidadáns e do Grupo Popular en virtude da cal se dota con 500.000 € dentro do Programa: 453 B do Ministerio de Fomento- dedicado á Creación de infraestrutura de estradas - un proxecto denominado “reforzo sa seguridade viaria na  N-120  P. K. 560-575. Provincia de Ourense”

Persegue esta emenda incorporada ao ditame dos  PGE de 2018 dar unha solución á problemática da  N-120 nas proximidades de Ourense, onde a circulación é lenta como consecuencia da ausencia de  tramos que permitan o adiantamento cos consecuentes prexuízos para a circulación.

Sinalar que o Ministerio de Fomento con anterioridade á aprobación desta emenda xa vén redactando un proxecto de trazado para crear zonas de adiantamento entre Ourense e Os  Peares, por un importe inicial estimado de catro millóns aproximadamente.

Con la tecnología de Blogger.