Hoxe no
tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense o acto de
presentación do selo conmemorativo do Centenario da Ponte Nova sobre o Río
Miño en Ourense.
Un acto
presidido polo alcalde Jesús Vazquez Abad e que tamén contou coa
presenza do ministro de Fomento, Iñigo
de la Serna, e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tamén do Delegado do Goberno, Santiago Villanueva, do Presidente da Deputación, Manuel Baltar, da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e do director
de Filatelia de CORREOS, Modesto Fraguas, entre outros. Además de varios membros da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño.
O selo
de Correos, forma parte da serie denominada «Efemérides» coa que
CORREOS conmemora acontecemeentos relevantes na Historia de España. Ten un valor postal de 1,35 euros, e a
tirada será de 180.000 selos.
A venda
e posta en circulación terá lugar a partir de hoxe. A distribución aos puntos
de venda cesará o 31 de decembro de 2020, con todo, conservarán indefinidamente
o seu valor a efectos de franqueo, ata que se dite orde en contrario. Unha vez
alcanzada dita data, a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. poderá
interesar da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moeda
a inutilización dos selos sobrantes da emisión.
Sobre o deseño do selo, para o autor do mesmo, "trátase de conmemorar o centenario dunha
construción deseñada para achegar beiras, unha obra moderna para o seu tempo
que celebrando agora 100 anos permanece inalterable.
Neste caso os tons azuis característicos da provincia reflíctense nun
ceo limpo para realzar máis as cores. Un logotipo inspirado no movemento art decó da época pon o broche final."
Autoridades e filatélicos realizaron no acto o mataselado de honra de este efecto
postal.
Coa emisión deste selo, CORREOS pon en valor a importancia histórica da construción da Ponte Nova de Ourense e do seu autor, o enxeñeiro de Obras Públicas Martín Díez da Banda. O proxecto da ponte foi unha gran obra de enxeñería civil da súa época e incorporou no seu deseño e construción sistemas moi novos para o momento.
As obras da ponte foron adxudicadas o 14 de maio de 1910 á empresa Construcións Hidráulicas e Civís. J. Eugenio Rivera e Compañía, de Bilbao, por 1.157.000 das antigas pesetas. A primeira pedra colocouse coincidindo cos festexos do Corpus do sábado 28 de maio de 1910.
Autoridades e filatélicos realizaron no acto o mataselado de honra de este efecto
postal.
Coa emisión deste selo, CORREOS pon en valor a importancia histórica da construción da Ponte Nova de Ourense e do seu autor, o enxeñeiro de Obras Públicas Martín Díez da Banda. O proxecto da ponte foi unha gran obra de enxeñería civil da súa época e incorporou no seu deseño e construción sistemas moi novos para o momento.
A ponte está formado por seis arcos de sillería aplantillada e un tramo metálico na parte central. A súa complexa disposición está formada por tres arcos de medio punto, un arco de directriz parabólica con catro nervios metálicos, un arco de carpanel e outro de medio punto.
A día de hoxe, a Ponte Nova é un das pontes máis utilizadas da cidade, tanto polos peóns como polo tráfico rodado. A súa situación estratéxica e a súa forte estrutura que soportou á perfección o paso do tempo, convertérono nunha peza icónica dentro do patrimonio arquitectónico de Ourense.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.