lunes, 7 de mayo de 2018

A información pública o Expediente de Expropiación Forzosa motivado polas obras do Proxecto de construción de remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense"


Publica hoxe o BOE a Resolución da Secretaría Xeral de Infraestruturas do 20 de abril de 2018 pola que se abre Información Pública correspondente ao Expediente de Expropiación Forzosa 019ADIF1817, motivado polas obras do ADIF-Alta Velocidade, "Proxecto de construción de remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense", no termo municipal de Ourense. ADIF-Alta Velocidade, o 4 de abril de 2018, insta a incoación do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do citado Proxecto, aprobado o 1 de febreiro de 2018. Ditas obras están incluídas na normativa da Lei 38/2015, do 29 de setembro, do Sector Ferroviario, Capítulo II sobre Planificación, Proxecto e Construción de Infraestruturas integrantes da Rede Ferroviaria de Interese Xeral, polo que, conforme ao seu art. 6.2, a aprobación deste Proxecto supón a declaración de utilidade pública ou interese social e a urxencia da ocupación dos novos terreos a efectos da expropiación forzosa, de acordo co artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957. Na súa virtude, e para os efectos sinalados no Título II, Capítulo II, da Lei de Expropiación Forzosa e nos concordantes do seu Regulamento, a Secretaría Xeral de Infraestruturas resolveu abrir información pública durante un prazo de 15 (quince) días hábiles, contados na forma disposta no artigo 17 do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os titulares dos bens e dereitos afectados pola execución das obras e todas as demais persoas ou entidades interesadas, poidan formular por escrito ante este Departamento, as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto nos artigos 18 e 19 da Lei de Expropiación Forzosa e no artigo 56 do seu Regulamento. Do mesmo xeito resólvese convocar aos propietarios dos bens e dereitos afectados, ao levantamento das actas previas á ocupación no lugar, días e horas que se indican.

Lembrar que o BOE de 2 de marzo publicaba  a Resolución da Entidade Pública Empresarial Adif- Alta Velocidade, pola que se anunciaba a licitación do contrato do "proxecto de construción de remodelación de vías e plataformas da Estación de Ourense". Un  contrato que ten un prazo de execución de doce meses e un importe total ascende a 16.699.296,77 euros.

Como tamén xa informaba neste blog o pasado día 27 de febreiro, o obxectivo do proxecto é a remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense para que a explotación actual da terminal sexa compatible coa chegada á mesma de trens de alta velocidade en ancho estándar (1.435 mm).

Comprenden estas obras: actuacións en vías, en plataformas, paso inferior e marquesiñas, en electrificación e instalacións de seguridade e tamén en edificios.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.