Os parlamentarios lucenses do PP apostan tamén polo impulso da autovía A-56 entre Ourense e Lugo


Chantada 18.5.2018
Neste mesmo blog do día 1 de maio, daba conta de que o día anterior 30 de abril, acompañado polo deputado ourensán Miguel Viso viaxei ata Vilamarin para manter, a iniciativa nosa, unha reunión de traballo co grupo comisionado para o impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo, constituído recentemente en Chantada.


A este encontro, celebrado na Casa do Concello de Vilamarín asistiron os alcaldes de Vilamarín, Amador Vázquez; Coles, Manuel Rodríguez; Chantada,  Manuel Varela;  Carballedo, Julio Yebra; o empresario Lisardo González e o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, acompañado polo vicepresidente e o secretario da Confederación, Alejandro Cruz e Jaime Pereira, respectivamente.


Escoitamos de primeira man as inquedanzas dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das comunicacións entre Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en territorio da provincia de Lugo.


Pois ben, onte o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, acompañado do deputado nacional, Joaquin García Díez  e de outros senadores lucenses mantiveron en Chantada, unha reunión cos alcaldes dos municipios de ambas as dúas provincias polos que pasa a N-540, a quenes lles trasladou o seu apoio e a súa disposición para establecer as liñas de colaboración que sexan necesarias para que o Goberno Central continúe mellorando tanto a estrada N-540, así como o impulso doutra das arterias de comunicación que permitirán comunicar o Sur da provincia con Ourense, a A-56.

Neste senso, no marco deste apoio, Barreiro anunciou que antes de que remate o mes, concretamente o día 28, ás 17:00 horas, no Ministerio de Fomento, o Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño González, manterá unha xuntanza cos rexedores para informalos máis polo miúdo das intencións do Executivo de Rajoy respecto destas vías de comunicación e escoitar as súas propostas.

“Cremos que é importante esta reunión e así llo trasladei eu mesmo ao Secretario Xeral, pois é importante que, en primeiro lugar, se liciten e executen os treitos previstos, así como os demais”, sinalou Barreiro, ao tempo que defende que “isto non pode quedar aquí porque senón o que estariamos facendo é unha autovía a cachos, de aí a importancia da reunión no Ministerio para demandar que este proxecto teña continuidade”, afirmou Barreiro.

A maiores nesa reunión, os populares lucenses explicaron aos alcaldes que, precisamente, tanto a reforma da nacional 540 como o impulso da autovía xa figuran recollidos na moción que o Grupo do Partido Popular defenderá na Cámara Alta das Cortes Xerais, e que dá continuidade ao compromiso asumido publicamente hai unhas semanas polo propio ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, na visita realizada a Lugo para dar conta da conexión ferroviaria permitirá comunicar esta provincia coa de Ourense e estar en Madrid en menos de catro horas.

Entrando na profundidade do obxecto da reunión, Barreiro sinalou que “pediremos que os Orzamentos do Estado inclúan a dotación económica suficiente para seguir impulsando a A-56, cuxo treito San Martiño-A Barrela xa está en obras”. No mesmo lote, inclúense os proxectos da variante Norte de Ourense e a A-76. Neste último caso, xa está licitado o contrato para a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos.

Asemade, destacou o avance dos traballos de reparación do firme da N-540, que, “como todos sabemos, soporta un volume importante de tráfico e é de extrema necesidade a súa mellora”. Concretamente, nestes días, estase a levar a cabo o acondicionamento do treito que se atopa en peores condicións, e que corresponde á variante de Chantada.

Proxecto da A-56

En canto ás características técnicas, este proxecto comprende un treito de autovía de 9,18 quilómetros e un vial de conexión de 1,23 quilómetros que enlaza esta vía coa estrada N-525. O treito do proxecto comeza no enlace de Cambeo e remata no de As Lamas, incluído a conexión San Martiño-enlace de Barrela norte, a excepción de parte do ramal de cambio de velocidade de incorporación á autovía en sentido Ourense.

Por tanto, o proxecto inclúe dous enlaces diferenciados:

·         O de Cambeo que conecta coas N-525 e N-540.
·         E o de Vilamarín que da acceso a Ourense, á estradas N-540 e ás poboacións ás que serven as estradas que conflúen nela.
Vilamarín 30.4.2018
A permebealidade transversal do treito está garantizada mediante a construción dun viaducto para salvar a vaguada do río Barbantiño e de outras trece estruturas, das que oito son pasos superiores e cinco pasos inferiores.
En canto ao Orzamento programado, explicou que existe unha partida de 13 millóns de euros no ano 18 e para o treito da Barrela máis de 10 millóns, aos que hai que engadir outras dúas de 50.000 cada unha para os treitos de Taboada-Narón e Narón-Guntín. Asemade, para a variante de Ourense, a cantidade consignada ascende a 2,5 millóns. Tamén existen unha programación para as anualidades vindeiras. Concretamente, para o ano 19 hai unha proxección de preto de 21 millóns para A-56 e 11 millóns para a variante e Ourense. O intercomunicador de Guntín, que enlazará coa autovía de Santiago, ten este ano consignados 2,5 millóns, no ano 19 cinco millóns e, en 2020 outros 3,5 millóns.

Celebro esta xuntanza do grupo comisionado cos parlamentarios lucenses do PP, cos que traballamos conxuntamente para impulsar a Autovía a-56, Ourense- Lugo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.