Trasladando ao Ministerio de Fomento a necesidade de impulsar a Autovía A-56 Ourense-Lugo


Mantivemos hoxe no Ministerio de Fomento unha reunión co Secretario Xeral de Infraestruturas Manuel Niño para falar do impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo.

Asistiron varios dos integrantes do grupo comisionado, o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o empresario Lisardo González, o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, acompañado do alcalde de Chantada Manuel Rodríguez.

Tamén asistimos pola parte política parlamentaria, o senador José Manuel Barreiro e os deputados Joaquín García e Celso Delgado.

Os comisionados trasladaron ao Ministerio as suas inquedanzas e queixas sobre a lentitude desta Autovía e demandaron respostas sobre as actuacións futuras. Argumentaron a necesidade de vertebración da Galicia interior, para así afrentar os problemas de despoboamento e baixa actividade económica.

Manuel Niño, que estaba acompañado polo Director Xeral de Estradas e polo Xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel González del Río, reiteró que esta Autovía será executada y que está na planificación do Ministerio de Fomento. Dixo que as obras entre A Barrela e Sanmartiño(9,8 km; 33,43 M€), estrán previsiblemente rematadas a mediados de 2019 e que no proxecto de PGE-18 hai unha consignación de  10,8 M€ para continuar coas obras neste tramo.

Tamen falou de que no resto do trazado da A-56, é prioritaria a  Variante Norte de Ourense, comezando polo tramo Eirasvedras-Quintela (1,73 km; 30,25 M€), para o que o proxecto de PGE-18 destina 2,5 M€ para completar a redacción e aprobar o proxecto de construcción e a continuación, licitar as obras.

Asimismo, dixo que continuaran avanzando nos proxectos dos seguintes tramos da A-56 ata Cambeo, Quintela-A Casilla (3 km; 127,05 M€). e Ourense– Enlace Cambeo (9,0 km; 94,86 M€), e no  proxecto do intercambiador de Guntín entre a A-54 e a A-56 (o proxecto de PGE-18 destina 2,5 M€ para elo).

Falou da necesidade de actualizar todos os proxectos a nova normativa de estradas nos que sexa necesario, singularmente nos que corresponden á provincia de Lugo: Enlace de A Barrela Norte – Enlace Chantada Norte (10,3 km; 63,69 M€).Enlace Chantada Norte – Taboada (9 km; 77,88 M€). Taboada – Narón (12,0 km; 77,56  M€), e Narón – Guntín (9,0 km; 89,51 M€).

Quedamos en celebrar no mes de setembro outra xuntanza para comprobar os avances na tramitación desta Autovía.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.