Formalizado un contrato de actuacións complementarias no subtramo Túnel de Padornelo -Lubián


O pasado 2 de marzo daba conta que o Consello de Ministros autorizaba ese mesmo día ao Ministerio de Fomento para a realización, por parte de Adif Alta Velocidade, de actuacións complementarias no subtramo Túnel de Padornelo -Lubián, da Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia, pertencente ao Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade ferroviaria, por un importe de 13.935.441,7 euros (IVE incluído).



En virtude desta autorización, executaríanse reforzos e drenaxes no túnel de Padornelo actualmente en servizo, dentro da liña convencional Zamora-Ourense e de 5.990 m de lonxitude, que se converterá, nunha futura fase, no túnel de Padornelo vía esquerda da LAV Madrid-Galicia.

Ademais, construiríanse os entroncamentos das galerías de evacuación do túnel de Padornelo vía dereita, de 6.407 metros de lonxitude, de nova construción, que se executa actualmente en paralelo ao túnel en servizo.

Desta forma, procederíase ao reforzo do interior do túnel existente e adecuaríase a ruta de evacuación para o novo túnel de vía dereita, a través das saídas de emerxencia das galerías entre ambos os túneles; para o que se executará unha nova beirarrúa de evacuación no túnel en servizo.

Pois ben, o BOE publica hoxe a Resolución da Entidade Pública Empresarial Adif-Alta Velocidade, pola que se comunica a formalización do contrato do "proxecto complementario ao proxecto de construción de plataforma do Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade. Liña de Alta Velocidade MadridGalicia. Tramo: Túnel de Padornelo–Lubián".

E respecto da formalización do contrato di que tivo lugar o 06/04/2018, que o o contratista adxudicatario é a UTE Ferrovial Agromán, S.A. - Compañía de Obras Castillejos, S.A. ( Abreviadamente Padornelo UTE). E que o importe ou canon de adxudicación neto é de 13.935.441,65 euros. Importe total: 16.861.884,40 euros.

https://www.boe.es/boe/dias/2018/05/10/pdfs/BOE-B-2018-26097.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.