Insistindo na información sobre o proxecto de Presupostos Xerais do
Estado para 2018 presentado onte é en relación cos investimentos, destacar que as cifras consignadas sitúan a Galicia como a terceira comunidade
autónoma con maior investimento por persoa do Ministerio de Fomento, cun total
de case 890 millóns de euros consignados.
O total de gasto
previsto polo Ministerio de Fomento en Galicia este ano supera en máis do 65%
(352 millóns de euros) a media dos investimentos nas comunidades autónomas,
cunha previsión de investimento que medra nun 1,3% con respecto a 2017.
As contas
presentadas hoxe son unha nova mostra do compromiso do Goberno de España de
impulsar as grandes infraestruturas pendentes en Galicia, de acordo coas
prioridades trasladadas pola Xunta.
Desa forma, o
principal investimento previsto polos Presupostos do Ministerio de Fomento na
nosa Comunidade é o destinado á execución das obras do AVE entre Galicia e
Madrid, que xa está executada en máis dun 77 %. Esa liña de alta velocidade capta
un total de 663 millóns de euros, dos cales 406,7 se corresponden con obras na provincia de Ourense.
Recóllese a
previsión de avanzar tamén na liña Ourense-Lugo, na conexión Vigo-Ourense e no
ferrocarril entre A Coruña e Ferrol,
primando o baipás de Betanzos.
Prevense,
igualmente, importantes investimentos no Eixo Altántico, un total de 50,9
millóns de euros que inclúen a dotación necesaria para culminar a instalación
do sistema ERTMS en todo o eixo e onde tamén se inclúen investimentos nas
estacións intermodais de Santiago, A Coruña e Vigo, que se suman á prevista en
Ourense.
Ademais,
resérvase 1 millón de euros para a supresión dos pasos a nivel no Porriño e en
Arbo.
Así mesmo, destaca a partida
de máis de 22 millóns de euros para a conexión ferroviaria do porto exterior de
Ferrol.
O investimento
previsto en estradas medra nun 2,1% con respecto a 2017, chegando ata os 182
millóns de euros, o que permitirá impulsar os principais eixes xa en marcha,
fundamentalmente a autovía A-54 entre Santiago e Lugo, á que se destinan máis
de 46 millóns de euros. Iso permitirá avanzar nos treitos Lavacolla-Arzúa
(17,5M€), Arzúa-Melide (18 M€) e Melide-Palas de Rei (8,85M€), ademais de
impulsar o intercambiador de Guntín (2,5 M€). Tamén na A-54 Ourense-Lugo no treito San Martiño-A Barrela (10,76 M€)
Recibe tamén un
importante impulso a obra da Circunvalación de Pontevedra (A-57) cun total de
18,2 millóns de euros para avanzar no treito en execución, entre Vilaboa e A
Ermida, e licitar o seguinte, entre A
Ermida e Pilarteiros.
Así mesmo, os
Presupostos cumpren a palabra dada ao Goberno galego de financiar con cargo aos
Presupostos do Estado as novas obras na AP-9 e se inclúen partidas para
executar o acceso á Cidade da Cultura (4M€) e licitar o Enlace Orbital (8M€) en
Santiago; o Nó de Bombeiros en Pontevedra (1M€); e a ampliación da avenida de Alfonso Molina
(3M€) e o Vial 18 (3M€) na Coruña.
O compromiso de
financiamento das novas obras na Ap-9 garante que non se vaian repercutir en
novas subas de peaxe, tal e como o Goberno socialista planificou que se
financiasen as obras de ampliación da capacidade que veñen de rematar en
Santiago e Vigo.
Estas actuación
súmanse ás obras que se prevé executar a través das sociedades concesionarias
das autoestradas de peaxe, como as obras asociadas á ampliación da Ponte de
Rande, entre outras, que suman un total de 37,5 millóns de euros.
Os Orzamentos do
Estado reflicten xa, tamén, o compromiso de impulsar a nova Autovía entre Vigo
e O Porriño, cun investimento total previsto de 337 millóns de euros anunciado
onte polo presidente do Goberno.
Entre outras actuacións destacadas que
recollen os Orzamentos do Ministerio de Fomento en materia de estradas están o
Enlace de Meicende (3M€), a mellora da seguridade viaria na travesía de
Perillo, en Oleiros, con 4 millóns de euros.
Mención a parte merece a Autovía da Mariña, a A-74, con 3,1 millóns
de euros para avanzara nos proxectos e na licitación das obras, e para o 2019
xa se prevén máis de 23 M€.
En 2018 prevese
licitar o primeiro treito da Variante Norte de Ourense (A-56),
Eirasvedras-Quintela, con 2,5 millóns de euros.
Os Orzamentos do
Estado permitirán ademais, avanzar na A-76 a través do treito A Veiga de
Cascallá-O Barco de Valdeorras, que recibe 3 millóns de euros. Tamén no Barco
de Valdeorras, consígnanse 3 millóns de euros para a conexión da Nacional 120
coa Nacional 536.
Na A-52 destínase unha dotación de 1,16
millóns de euros para a remodelación do enlace Puzo-Lira.
Cómpre salientar que os
Presupostos do Ministerio de Fomento consignan 54,6 millóns ao mantemento de
estradas e á seguridade viaria, con melloras no firme de varias estradas
nacionais e cunha partida de 5,4 millóns de euros para impulsar a fase de
prototipos antinéboa na A-8 en Mondoñedo.
En materia aeroportuaria,
prevese un investimento total de 18,5 millóns de euros, que se destinarán
fundamentalmente a obras mantemento e mellora das tres terminais galegas.
Xa en materia de
vivenda, os Orzamentos presentados hoxe confirman que a subvencións previstas
polo Plan estatal 2018-2021 suporán este ano case 20 millóns de euros para
Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.