ADIF AV adxudica por 33 M€ o suministro e transporte de travesas para vía en placa no tramo Pedralba-Ourense



Hoxe coñecemos que o Consello de Administración de Adif Alta Velocidade aprobou na súa última reunión a adxudicación de tres contratos de subministración e transporte de travesas para vía en placa, destinadas ao tramo Pedralba de la Pradería-Ourense, da Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia, pertencente ao Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria.

As travesas cuxo subministración e transporte foi adxudicado, supoñen un investimento global de 33.043.657,2 euros (IVE incluído) e contan cun prazo de execución de 12 meses, serán de tipo bibloque (dous apoios), fabricadas en formigón armado e deseñadas para ancho internacional (1.435 mm), e está ndestinadas a cubrir unha lonxitude de vía de 130 km.

Deste xeito, Adif Alta Velocidade continúa avanzando nos contratos e traballos necesarios para facilitar que a alta velocidade chegue canto antes a Galicia, acurtando os tempos de viaxe desde Madrid e a meseta ata a comunidade galega.

A adxudicación destes contratos vén reforzar o cumprimento polo Ministerio de Fomento e Adif AV dos compromisos adquiridos co obxectivo de finalización dos tramos pendentes da LAV Madrid-Galicia nos prazos previstos.

Construción de vía en placa
Os contratos adxudicados comprenden a fabricación de travesas bibloque, a adquisición e colocación de suxeicións, a validación previa destes elementos, a provisión en fábrica, a carga, o transporte do material e a súa descarga e custodia na zona de provisión establecida. Tamén inclúen a subministración de conxuntos de transición de elasticidade entre vía en placa e vía en balasto, incluíndo as correspondentes suxeicións.
O primeiro dos tres contratos, por importe de 12.603.733,9 euros, foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Prefabricados Delta e Prebafricados e Contratas, mentres que os dous restantes, por importe de 11.490.365,4 euros e 8.949.557,9 euros, foron adxudicados á UTE formada por Luso Galaica de Travesas, Travesas do Norte e Travipos.
Nas vías denominadas 'en placa', as travesas quedan formigonadas dentro dunha laxa armada apoiada sobre unha soleira de formigón, en lugar de ir fixadas sobre balasto, o que confire a este tipo de infraestrutura unha gran fiabilidade e seguridade nas circulacións ferroviarias. É o tipo de solución que se adoita empregar nos grandes túneles ferroviarios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.




Con la tecnología de Blogger.