sábado, 14 de abril de 2018

As axencias cualificadoras de rating, ratifican a confianza na economía española


Onte coñecemos unha excelente noticia, posto que a axencia de cualificación Moody´s decidiu mellorar o rating de España, é dicir da débeda española, de aprobado medio a aprobado alto (de Baa2 a Baa1 ).

Para esta axencia, o factor crave é a mellora da resistencia da economía española polo balance equilibrado do seu crecemento e a mellora do sector bancario, que agora compensa o freo que supoñen os factores institucionais e políticos.

A axencia non ignora a situación en Cataluña nin a debilidade institucional nos últimos anos. Con todo, subliña que as melloras dos últimos anos están o suficientemente consolidadas para mellorar a cualificación.


Con esta subida, Moody´s convértese na última das tres grandes calificadores que soben a nota da débeda española. En xaneiro fíxoo Standard & Poor' s, que situou o nivel en A- desde BBB+. É dicir, un chanzo. En marzo foi Fitch, exactamente igual que S& P. A semana pasada emuloulles a canadense DBRS, que segundo a súa nomenclatura elevou a cualificación da baixa a A.


Unha noticia moi importante, na medida que recoñece que recoñece en España producíronse cambios estruturais importantes propiciados polas reformas levadas a cabo nos últimos anos.

Felicitarme pois, destas decisións das axencias cualificadoras, que acreditan que hai confianza no noso país, que imos aos mercados e financiámonos sen ningún problema, e que ademais o facemos a prezos máis baixos.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.