domingo, 15 de abril de 2018

En marcha as obras e mellora da seguridade viaria da Avenida Otero Pedrayo


Onte puiden comprobar como xa están en marcha as obras de mellora da seguridade viaria da Avenida Otero Pedrayo, en Ourense, con un investimento de máis de 1,7 millóns de euros e quer financia a Xunta de Galicia.

Uns traballos, cun prazo de execución de 12 meses, que executa a adxudicataria, á empresa ourensá Extraco Construccións e Proxectos S.A.

Esta actuación pretende dar resposta ás necesidades dos veciños da zona e dos alumnos do campus, atendendo, na medida do posible, as solicitudes do Concello e do Vicereitorado da Universidade.

Os traballos consistirán na remodelación da Avenida Otero Pedrayo nos 2 primeiros quilómetros de cara a reducir riscos e lograr unha mellor integración urbana. Actuarase nalgunhas das interseccións existentes, coa execución de dúas glorietas: a primeira delas, no acceso ao Campus Norte e á parroquia da Asunción; e a segunda no acceso cara ao barrio da Rabaza, co obxectivo de separar o tráfico que se dirixe cara esta parte da cidade, do que discorre pola vía de servizo que dá acceso aos comercios e garaxes da zona.


Tamén se mellorará a travesía, coa dotación e reparación de beirarrúas e a posta a punto das actuais vías de servizo. Ademais, renovarase a rede de abastecemento, a drenaxe e o saneamento, así como a iluminación, coa instalación de luminarias led. Acometeranse tamén  actuacións complementarias, como a mellora do firme, a reordenación de aparcadoiros ou a instalación de semáforos con pulsador para favorecer o paso dos peóns.

Esta actuación incidirá na seguridade viaria; nunha mellor integración con toda a contorna; e favorecerá os desprazamentos cara o campus universitario e cara outros barrios. Favorecerá o desenvolvemento económico e social de Ourense e contribuirá a ‘facer cidade’, grazas a instalación de elementos de auga, símbolo da urbe das Burgas, nas glorietas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.