Entra en servizo a variante de A Pobra de San Xiao

Informa Adif que onte puxo en servizo a variante de A Pobra de San Xiao na liña de ancho convencional León-A Coruña, ao seu paso pola provincia de Lugo.

A nova infraestrutura, de 7.206 m de lonxitude, substitúe aos 8.417 m do anterior trazado (puntos quilométricos 405/100 ao 413/517). Ademáis, actuouse noutros 567,6 m da liña ( p.k 404/532,40 ao 405/100), con traballos de renovación de vía ( balasto, travesas e carril), para unha actuación total de 7,8 km aproximadamente.


Entre os principais beneficios desta variante atópase a supresión dos 14 pasos a nivel do anterior trazado, co consecuente aumento da seguridade ferroviaria, viaria e peonil.


Ademais, o novo percorrido posibilita o aumento da velocidade máxima de circulación de trens no tramo, que pasará de 80-95 km/ h a 160 km/ h, coa consecuente redución dos tempos de viaxe.

Características da variante:

A variante forma parte do trazado proxectado para levar os servizos de alta velocidade ferroviaria ata a cidade de Lugo. Nesta primeira fase, a infraestrutura ponse en servizo en vía única (sobre plataforma executada para vía dobre) e sen electrificar, co fin de dar continuidade baixo os mesmos parámetros á liña existente León-A Coruña.


No novo trazado construírons dous túneles: As Cortes, de 520 m de lonxitude, e Torrente, de 1.387 m, executado con vía en placa e dotado dunha saída de emerxencia.
Ademais conta con catro viadutos: dous de vigas prefabricadas, de 329,5 m e 145,5 m de lonxitude, respectivamente, e dúas de taboleiro de formigón empuxado, de 630 e 590 m. Tamén se executaron catro pasos inferiores e un paso superior na intersección coa estrada LU-546.
As principais magnitudes da posta en servizo (nesta fase) son as seguintes:

- Velocidade máxima de circulación: 160 km/h.


- Sinalización con ASFA convencional, cun único encravamento electrónico na nova estación.

- Plataforma para vía dobre, montándose únicamente nesta primeira fase a vía esquerda.


- Anchura de plataforma: 13,3 m.

- Lonxitude total en viaduto: 1.695 m.




- Lonxitude total en túnel: 1.907 m.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.