viernes, 23 de marzo de 2018

Visitando a sede de Ourense da Asociación Española Contra o Cancro


En compañía do deputado ourensán Miguel Viso, visito na mañá de hoxe a sede de Ourense da Asociación Española Contra o Cancro.

Fomos recibidos pola presidenta da súa xunta María Isadora Gómez e outros membros do colectivo.

Coñecemos o traballo que realiza esta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais que desenvolve actividade en toda España, desde 1953 e que lidera o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a vida das persoas.

Traballan unidos para educar en saúde, apoiar e acompañar ás persoas enfermas e as súas familias, e financiar proxectos de investigación que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.
Ofrecen servizos de apoio e acompañamento, orientación médica e psicolóxica Asinamos no Libro de Honra co que a AECC conmemora as súas "vodas de prata" na provincia e no deixei unha dedicatoria de recoñecemento ao traballo meritorio que levan a cabo. E deixamos un recordo na caixa denominada "Cápsula do tempo". Escoitamos as súas demandas de máis persoal médico da especialidade de radioloxía para realizar as probas de diagnóstico e dunha nova sede con mellor accesibilidade e máis espazo.