jueves, 15 de marzo de 2018

O Ministerio de Fomento traballa para que a franxa Noroeste-Cantábrica poida formar parte dos Corredores europeos

Onte pola tarde na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, o Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Don Julio Gómez-Pomar respondeu a unha pregunta da deputada Dona Alexandra Fernández Gómez sobre as “Medidas que vai adoptar o Ministerio de Fomento para que a franxa Noroeste-Cantábrica non quede excluída da próxima programación plurianual da Rede Transeuropea de Transporte”

Comezou o Secretario de Estado dicindo: “Debo entender entón que vostede me pregunta polo próximo período financeiro plurianual post 2020 e neste sentido, que medidas vai adoptar o Ministerio de Fomento para que a franxa Noroeste – Cantábrica da Rede Transeuropea de Transporte poida beneficiarse de axudas destinadas ao desenvolvemento da devandita Rede”.

Informou que “efectivamente, as axudas europeas para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte proceden do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER ) e do Mecanismo Conectar Europa ( CEF), sendo este último un instrumento específico para o financiamento da Rede. Ademais, tal e como a realidade está a demostrarnos, no actual período financeiro plurianual, para ter éxito na consecución de axudas é moi conveniente que as actuacións para desenvolver estean incluídas nos itinerarios ou nodos dos corredores da rede básica.

Explicou logo como se definen estes estes corredores da rede básica, “a través regulamento citado de orientacións da Unión para o desenvolvemento da rede e no 1316/2013 de creación do mecanismo CEF. O primeiro defíneos como os itinerarios que abarcan os fluxos de transporte máis importantes da rede básica, que son multimosais e que deben cruzar polo menos dúas fronteiras de países da Unión.

Pola súa banda, o segundo regulamento, o 1316/2013, recolle no seu anexo I os itinerarios de cada un dos corredores da rede básica”.

A continuación informou que “este último regulamento, que ten un período de vixencia coincidente co do Período financeiro plurianual, necesita revisarse antes 2020, data final do actual período financeiro plurianual da Unión Europea.

Espérase que, no próximo mes de xuño, a Comisión dispoña dun primeiro borrador do Regulamento CEF II no que se contemplen dúas importantes cousas, primeiro os novos itinerarios dos corredores e segundo as novas contías para financiamento da rede”

E aseverou que: “En ambos os temas o Ministerio interesouse e traballado intensamente. Así en decembro de 2017 remitiuse un informe completo e detallado á Comisión solicitando a ampliación dos Corredores Atlántico e Mediterráneo ao seu paso por España. Como non podía ser doutra maneira, o informe contemplaba a inclusión no Atlántico de todas as infraestruturas da franxa Noroeste-Cantábrica que xa forman parte da Rede Básica e que unen os seus portos e principais cidades co resto da Península e co centro de Europa.
En consecuencia, desde o Ministerio de Fomento está a traballarse e facendo todo o necesario para que territorios tan importantes para España e para Europa como a franxa Noroeste-Cantábrica poidan formar parte dos Corredores europeos e as súas infraestruturas de conexión sexan unha realidade o máis pronto posible.”

E nunha quenda de réplica o Secretario de Estado remachou:

"Ademais, e como lles dicía na miña anterior intervención, a finais de decembro de 2017 desde o Ministerio de Fomento enviamos á Comisión un informe completo e detallado xustificando a nosa proposta de incluír a franxa Noroeste-Cantábrica no Corredor Atlántico, xunto con outros ámbitos rexionais igualmente xustificados.

Como expuxen na miña intervención inicial, o Ministerio de Fomento traballa para que a franxa Noroeste-Cantábrica poida formar parte dos Corredores europeos. O propio Ministro de Fomento implicouse directamente nesta tarefa, e trasladou as expectativas españolas de ampliación do Corredor, tanto á Comisión, como ao Parlamento Europeo.”

Para afianzar a nosa proposta, a mediados de xaneiro de 2018, os servizos responsables do tema do Ministerio de Fomento acudiron a Bruxelas para explicar a nosa proposta aos propios servizos da Comisión.

Por último, quero comunicarlles que, o pasado 16 de febreiro, o Ministro  púxose novamente en contacto co Coordinador Europeo do Corredor Atlántico interesándose pola nosa proposta de ampliación do Corredor.


En definitiva, desde o Ministerio de Fomento está a actuarse de maneira proactiva, tomando a iniciativa e explicando ás autoridades e responsables da Comisión a proposta de ampliación española que é ambiciosa, é sensata e é necesaria para o noso país e os nosos territorios e rexións.

Esperamos que co apoio de todos os responsables públicos e actuando todos unidos en bloque, este esforzo alcance os froitos desexados.”
Devandito todo o anterior - que se pode contrastar, viisionando a intervención na web do Congreso dos Deputados - é absolutamente incerta a afirmación de Podemos-En marea, de que existe “ inacción por parte do Ministerio para incluír a Galicia no Corredor Atlántico”


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta