miércoles, 7 de marzo de 2018

No faladoiro de Voces de Galicia en Radio Voz

Intervengo esta mañana con Pablo Mosquera en la habitual tertulia del prpgrama “Voces de Galicia” de Radio Voz  que vuleve a estar moderada por Antía Díaz Leal.

Falamos en primeiro lugar da folga dos funcionarios da administración de xustiza que está causando graves prexuízos aos cidadáns galegos, e que se alonga xa por 20 xornada.  Salientei como positivo que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantara onte que a Xunta convocará hoxe de novo aos sindicatos da Administración de Xustiza co obxectivo de volver negociar sobre todo os puntos obxecto de controversia.

Lembrei que os representantes do Goberno galego non abandonaron nunca a negociación, mantiveron doce reunións cos representantes dos traballadores e realizaron ata catro ofertas económicas, cada unha superior á anterior e que mostraron sempre a súa vontade de dialogar para chegar a un acordo e evitar así os prexuízos que se están causando aos administrados e xusticiables.
E que nesta mesma vontade de diálogo é onde se inscribe a oferta do vicepresidente de incorporarse persoalmente ás negociacións sempre que se produza unha suspensión da folga -non unha desconvocatoria- mentres se manteñen as conversas.
Falei de que o Parlamento Galego, nun acordo de decembro estableceu a necesidade de mellorar as retribucións dos traballadores e situalas na media do resto de comunidades autónomas. E dixen que co incremento ofertado pola Xunta situaría de forma efectiva a Galicia por riba da media do que cobra o persoal destes corpos en España.
Dixen que durante a negociación, a Xunta tamén tratou de ampliar os puntos de negociación de xeito que non consiste só nunha oferta económica, senón que tamén inclúe outras melloras como a consolidación de 36 postos de reforzo; a reordenación das prazas para incorporalas a onde sexa máis necesario; ou abonar o 100 por cen das retribucións nos casos de substitucións dun corpo superior.
Falamos logo da próxima celebración do Día Internacional da Muller por primeira vez, o 8 de marzo. Trátase de chamar a atención sobre os dereitos, a igualdade e a xustiza das mulleres. 
Dixen que comparto o obxectivo que a igualdade legal convértase en igualdade real, e que aínda que os resultados indican que estamos a avanzar na boa dirección, aínda temos moita tarefa por diante.
Falei de que dentro da fenda de xénero máis preocupante é a laboral, o primeiro é resolver o problema do paro feminino e acabar coa discriminación salarial entre homes e mulleres, que, estando está prohibida na lexislación, existe. 
Lembrei que aínda que se cumpre a igualdade do salario basee, o certo é que o 60% dos complementos favorece ao home xa que priman a antigüidade ou a dispoñibilidade, mentres moitas mulleres renuncian a parte da súa carreira profesional por ser nais. Só o 30% dos complementos recoñecen o mérito.
 E que hai que facer esforzos para que a maternidade non sexa un dos factores que máis inflúen na brecha de xénero no emprego. E facilitei un dato: segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), homes e mulleres sen fillos teñen o mesmo nivel de ocupación, o 72%. Con todo, cando teñen fillos a diferenza de ocupación sitúase en 9 puntos. Apuntei que este non é só un problema só español, senón europeo que afecta a países tan avanzados como Dinamarca.
Finalmente falei de que ademais dos problemas salariais no Día Internacional da Muller hai que reflexionar sobre os problemas de violencia de xénero, sobre acoso sexual, sobre os dereitos e o activismo das mulleres rurais, que constitúen máis dun cuarto da poboación mundial e a maioría do 43 por cento das mulleres que se dedican á agricultura no mundo. 
Por suposto sobre coa repartición de tarefas no fogar, xa que en España as mulleres dedican de media 2,5 horas máis que os homes aos labores domésticos, cuestión que se agrava xa que España é un dos países europeos con horarios máis ríxidos. 
E para concluír, a moderadora propúxonos falar das protestas pola contía das pensións. Dixen que o tema era de extraordinaria seriedade e que o debate das pensións require dun rigor económico e debe facerse en torno ao Pacto de Toledo. 
Estamos a falar dunha nómina mensual de pensións contributivas que no último mes ascendeu a 8.925,1 millóns de euros. E que o conxunto do sistema público supera os 9,5 millóns de pensións contributivas.
Rexeitei a demagoxia que protagoniza o PSOE en materia de pensións, tendo en conta que, cando eles gobernaban, conxeláronas e levaron o país ao bordo da quebra. Mentres que o Partido Popular non as conxelamos, subímolas pouco e esperamos poder subilas máis no futuro, pero para iso necesitamos seguir creando emprego.
Celebrei queo próximo día 14 de marzo teñamos no Congreso un debate monográfico sobre pensións no que non só intervirá o presidente do Goberno, senón tamén os portavoces de todos os Grupos Parlamentarios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta