No faladoiro de “Voces de Galicia” de Radio Voz


Participo esta mañá con Pablo Mosquera no habitual faladoiro do programa “Voces de Galicia” de Radio Voz  moderada por Antía Díaz Leal.

Falamos en primeiro lugar da aprobación onte no Parlamento de Galicia da reforma da Lei de saúde de Galicia.

Dixen que fronte as protestas dalgúns, esta Lei reforza os hospitais comarcais, con máis servizos e máis presenza de especialistas que se despracen desde os hospitais de referencia nas grandes cidades.

Dixen que estamos diante dunha lei basicamente organizativa, que trata de continuar mellorando a sanidade pública mediante a coordinación entre atención primaria e hospitalaria, ao tempo que potenciará a participación social.

Vai a permitir mellorar o sistema sanitario, coa creación dos 14 distritos sanitarios, que se enumeran no propio texto lexislativo para garantir a súa pervivencia no tempo

Lembrei que os hospitais comarcais están recibindo novos servizos e que esta forma de organización sanitaria, herdada da creación das estruturas de xestión integrada, estase conseguindo unha mellor atención especializada nos hospitais comarcais, evitando nos últimos anos o desprazamento de máis de 260.000 pacientes cara aos grandes hospitais.

Puxen de exemplo o Hospital Comarcal  de Valdeorras en distrito sanitario, o que permite blindar por lei a  que desde o ano 2011, co modelo das EOXI, foron evitados case 47.000 desprazamentos aos pacientes que foron atendidos nel e coa reforma seguirán evitándose xa que promoverá que os especialistas poidan acercarse e con maior frecuencia ao Hospital.

E din conta do incremento de especializadades neste Hospital desde o ano 2012 pasando de ter tres: Cardioloxía, Neuroloxía e Oncoloxía Média a ter dez, engadíndolle Dixestivo, Endocrinoloxia, Medicina Preventiva, Pediatría, Rehabilitación, Reumatoloxía e Uroloxía.

En resposta a Pablo Mosquera, fixen referencia ao Hospital da Costa de Burela, que é o centro sanitario de referencia para a Mariña lucense, que veu incrementado nun 7% o seu persoal facultativo e sanitario desde ano 2009.

Din os datos suministrados polo delegado territorial da Xunta: traballan no centro 104 médicas e médicos, 320 profesionais na categoría de persoal sanitario non facultativo e 108 persoas nas categorías non sanitarias. Son doutoras e doutores, persoal de enfermería e auxiliares, celadores, persoal de limpeza e de cociña… etcétera, que suman máis de 560 profesionais. E que fronte aos que se empeñan en falar de desmantelamento, resulta palmario o compromiso do Goberno galego cun hospital que está en plenas obras de ampliación e remodelación integral, o que supón un investimento global que supera os 20 millóns de euros.
Falamos logo de que hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
Dixen que a doctrina de superioridad racial es científicamente falsa, moralmente condenable, socialmente inxusta e perigosa en non ten xustificación algunha.
Toda a sociedade española de xeito maioritario está comprometido en loitar contra o racismo, a discriminación racial, a xenofobia e as formas conexas de intolerancia, dando a esa loita a atención prioritaria que merece.
Informei que hai poucos días asinouse un convenio marco de cooperación e colaboración contra o racismo, a discriminación racial, a xenofobia e outras formas conexas de intolerancia ao que se sumaron en total 5 Secretarías de Estado (Sanidade, Xustiza, Interior, Educación e Deporte). O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte traballará en desenvolver actividades de formación e sensibilización nos centros escolares para loitar contra o racismo e a xenofobia. Farao mediante conferencias, seminarios, xornadas e cursos impartidos aos alumnos. Educación comprométese, ademais, á realización de investigacións académicas e publicacións conxuntas co resto de Ministerios implicados, así como o intercambio de publicacións, información e asesoramento.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.