Galicia volveu a cumprir: pechou o exercicio 2017 cun déficit do 0,20%, por debaixo do límite máximo do 0,6%


Concretando máis o que relataba na anterior entrada, convén salientar que o Ministerio de Facenda e Función Pública volve situar a Galicia entre as comunidades autónomas que mellor controlan o seu déficit público, segundo mostran os datos da Intervención Xeral do Estado difundidos esta mañá, que confirman que Galicia volveu cumprir en 2017 o obxectivo de déficit público fixado para todas as comunidades autónomas.
En concreto, a Comunidade Autónoma de Galicia pechou o exercicio 2017 cun déficit do 0,20%, por debaixo do límite máximo do 0,6% fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira para todas as comunidades. Este dato coincide coa primeira estimación realizada no mes de xaneiro pola Xunta de Galicia, que mantén o compromiso de volver cumprir os obxectivos fixados para este ano 2018.
As cifras publicadas polo Ministerio de Facenda ratifican tamén que Galicia conseguiu en 2017 entrar en consolidación fiscal técnica, o que permite dispoñer dunhas contas saneadas e dunha solvencia financeira para consolidar unha senda de crecemento san e inclusivo. Isto acadouse mantendo unha senda de redución progresiva e non abrupta.
Ademais, no último exercicio Galicia volveu obter mellor resultado que a maioría das comunidades autónomas, tal como xa viña sucedendo nos últimos anos. O déficit de Galicia en 2017 (0,20%) situouse por debaixo da media autonómica (0,32%) e mesmo seis comunidades rebasaron o límite máximo do 0,6%.

Máis emprego e crecemento con menos déficit


Os datos do Ministerio de Facenda indican que Galicia é a segunda comunidade de réxime común –a cuarta se se inclúen a Navarra e País Vasco– que tivo menos déficit nos últimos cincos anos.
O pasado ano Galicia foi quen de reducir a menos da metade o seu déficit respecto ao ano 2016, que foi do 0,58%.
Galicia volveu compatibilizar en 2017 a redución do déficit público co crecemento económico e a creación de emprego.
De feito, Galicia conseguiu por terceiro ano consecutivo taxas de crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) iguais ou superiores ao 3%, mentres que os datos de emprego xa publicados mostran que en 2017 Galicia acadou máis de 21.000 novas afiliacións á Seguridade Social.

Parabéns ao Goberno de Galicia comezando polo presidente Alberto Núñez Feijóo, e seguindo polo Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que acreditan coa súa xestión que a estabilidade orzamantaria unida a estabilidade institucional da froitos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.