Na actualidade Renfe presta doce servizos diarios nesta relación (seis por sentido), aos que hai que sumar outros dous servizos a maiores en días alternos.
Ademais, durante o curso académico, e para dar resposta a demanda que xeran os estudantes, os venres ponse en circulación un servizo extra por sentido entre Ourense e Santiago de Compostela.
Ademais, durante o curso académico, e para dar resposta a demanda que xeran os estudantes, os venres ponse en circulación un servizo extra por sentido entre Ourense e Santiago de Compostela.
A principal vantaxe do servizo Avant para os usuarios represéntaa o prezo reducido, xa que a Administración Xeral do Estado considera os trens Avant como Obrigación de Servizo Público.
Desta maneira nos Trens Avant redúcese a tarifa e ademais os viaxeiros pódense beneficiar dos títulos de transporte multiviaxe, que reducen aínda máis o prezo do billete.
Existen diferentes tipos de títulos, adaptados ás necesidades dos viaxeiros:

- Abono Cartón Plus de 30 a 50 viaxes: permite aforros entre o 50,2% e o 60,79 %, sobre o prezo sinxelo do traxecto.
- Abono 10 Plus: que permite aforros de ata o 55%, sobre o prezo sinxelo dalgún dos traxectos.O servizo Avant préstase con trens da serie S-121 cunha oferta de 280 prazas en cada tren e foron especialmente deseñados para cubrir os servizos de Media Distancia tanto por vías UIC como convencionais.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta