As exportacións españolas de mercadorías creceron en 2017 un 8,9% e as de Galicia un 8,2 %


Hoxe difundiuse o Informe Mensual de Comercio exterior e así coñecemos as cifras correspondentes ao ano 2017.

As exportacións españolas de mercadorías creceron en 2017 un 8,9% respecto ao ano 2016 e alcanzaron os 277.126 millóns de euros con datos de comercio declarado, máximo histórico da serie para o acumulado anual.



As importacións aumentaron un 10,5% ata os 301.870 millóns, tamén en máximo histórico. Como resultado, o déficit comercial de 2017 alcanzou os 24.744 millóns, un 31,9% máis que en 2016. As exportacións españolas rexistraron mellor evolución que as do conxunto da zona euro e a Unión Europea.

A taxa de cobertura -exportacións sobre importacións- situouse en 91,8% (93,6% en 2016 con datos definitivos) e é o terceiro mellor rexistro de toda a serie histórica, só superado en 2013 e 2016. En volume as exportacións ascenderon un 8,2%, xa que os prezos, aproximados polos Índices de Valor Unitario, subiron un 0,7%; e as importacións creceron un 5,5%, porque os prezos aumentaron un 4,7%.

O saldo non enerxético arroxou un déficit de 4.023 millóns de euros (déficit de 2.517 millóns en 2016, datos provisionais) e o déficit enerxético incrementouse un 27,6%, ata os 20.721 millóns de euros.


En 2017 aumentou un 8,5% o número de exportadores sobre 2016, ata os 161.454. O número de exportadores regulares (os que levan catro anos consecutivos exportando) creceu un 1,5% ata os 50.562, encadeando seis anos consecutivos de crecemento. Os exportadores regulares representan o 31,3% do total, pero venden o 95% do total exportado e un 9,6% máis que en 2016.
As exportacións españolas creceron a maior ritmo do que o fixeron no conxunto da zona euro (7,2%), a UE (7,4%), Italia (7,4%), Alemaña (6,3%), Francia (4,5%), EEUU (6,6%) e China (6,7%). Os incrementos en Reino Unido (13,4%) e Xapón (11,8%) foron maiores.
O crecemento das importacións explícase polo impulso da demanda interna e o aumento dos prezos dos produtos enerxéticos. Así, as importacións de bens de equipo (21,5% do total) subiron un 7,8%; as de produtos químicos (14,9% do total) creceron un 5,7%; as de produtos enerxéticos (13,4% do total), un 36,4%; e as do automóbil (12,9% do total) un 4,8%.

Os principais sectores aumentaron as súas exportacións, excepto o automóbil (16,3% do total), cuxas vendas foron similares ás do ano 2016 (crecemento do 0,1%). Así, bens de equipo (que representa un 20,3% do total) subiu un 9,2%; alimentación, bebidas e tabaco (16,5% do total) creceu un 6,3%; produtos químicos (14% do total), un 7,8%; e manufacturas de consumo (10,2% do total), un 9,7%.
As exportacións á UE (65,7% do total) aumentaron un 8% en 2017. As vendas á zona euro (51,6% do total) creceron un 8,5% e as destinadas ao resto da UE (14,1% do total) incrementáronse un 6,2%.


O dinamismo foi incluso maior nas vendas a terceiros destinos (34,3% do total), que subiron un 10,6% en 2017, con aumentos das exportacións a todas as grandes zonas: Oceanía (23,5%), América Latina (12,7%), Asia excluído Oriente Medio (11,2%), América do Norte (10,0%), África (8,5%) e Oriente Medio (1,3%).

Por países destacan os aumentos de vendas a mercados como Arxentina (51%), Nixeria (28,7%), China (24,4%), Australia (21,4%), Marrocos (15,7%), Indonesia (15,6%), Filipinas (13,5%), México (12,2%), Canadá (10,6%), Turquía (10,6%) ou Estados Unidos (10%). Reducíronse as vendas a Venezuela (-49,3%), Alxeria (-11,2%) ou Exipto (-9,7%).


As comunidades autónomas con maiores crecementos nas súas exportacións foron Baleares (59%), Canarias (26,6%) e Andalucía (20,5%). Os únicos descensos rexistráronse en Castela e León (-3,9%), Navarra (-3,2%) e Cantabria (-1%).

Na Comunidade Autónoma de Galicia as exportacións que ascenderon a 21.676,3 millóns de euros creceron un 8,2 % e as importacións que ascenderon a 17.140,8 millóns de euros creceron un 10 %. O Saldo comercial tivo un superávit de 4.535,40 millóns de euros.

As exportacións de Galicia en 2017 representaron o 7,8 % do total nacional. E as importacións o 5,7 % do total.

Na provincia da provincia de Ourense, as exportacións que ascenderon a 815,6 millóns de euros creceron un 3,5 % e as importacións que ascenderon a 554,4 millóns de euros aumentaron un 11,6 %. O Saldo comercial tivo un superávit de 261,10 millóns de euros.

As exportacións de Ourense en 2017 representaron o 0,3 % do total nacional. E as importacións o 0,2 % do total.

Fonte: Informe elaborado por la Subdirección General de Estudios y Evaluación de Instrumentos de Política Comercial, Dirección General de Política Comercial y Competitividad.Secretaría de Estado de Comercio.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.