Sobre a vindeira semana de actividade parlamentaria


Gran parte dos integrantes do Consello de Ministros comparecerán a semana que vén no Congreso dos Deputados para informar de varias cuestións de actualidade política.

En concreto, serán as comisións de Fomento, Interior, Defensa, Orzamentos, Dereitos da Infancia e Emprego as que recibirán a as comparecencias dos seus respectivos ministros e ministras.
O primeiro deles será o titular de Interior, Juan Ignacio Zoido, que intervirá o mércores 24 ás 09.30 horas na comisión de Interior para informar sobre os problemas en varias vías de circulación derivados do temporal de neve dos pasados 6 e 7 de xaneiro. Sobre o mesmo tema falará ás 16.00 na comisión de Fomento o ministro Íñigo de la Serna e o director da DXT, Gregorio Serrano, aínda que neste caso a cita será o luns 22 ás 16.30 horas, na comisión sobre Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable.
Pola súa banda, na comisión de Defensa debaterase, a partir das 10.00 horas, sobre a autorización para incrementar o número de efectivos das Forzas Armadas españolas que participan na misión da Unión Europea en Mali. O permiso da comisión é un requirimento establecido na lei de Defensa Nacional, onde se estipula que “as operacións no exterior que non estean directamente relacionadas coa defensa de España ou do interese nacional, o Goberno realizará unha consulta previa e solicitará a autorización do Congreso dos Deputados”.


A ministra de Cospedal comparecerá, a petición propia, para informar sobre a participación de España nesta misión da UE e noutros compromisos internacionais multilaterais. Ademais, a petición do grupo Socialista e do grupo confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, a ministra informará sobre a adhesión de España á Cooperación Estruturada Permanente (PESCO). O grupo Socialista tamén solicitou información sobre o compromiso do Goberno de aumentar un 80% o gasto militar no próximos sete anos.


A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, comparecerá tamén ás 16.00 horas e a petición propia, para informar sobre as políticas sobre infancia e adolescencia que impulsa o seu departamento. O grupo confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea solicitou que a ministra explique a non inclusión da lei para a erradicación da violencia contra a infancia e a adolescencia no Plan Anual Normativo para 2018 aprobado en Consello de Ministros. O grupo de Cidadáns pide a comparecencia da ministra para que explique os traballos do Goberno para aprobar no Consello de Ministros a lei para erradicar a violencia contra a infancia.

Tamén o mércores, neste caso ás 16.30, terá lugar a comisión de Orzamentos na que intervirá Cristóbal Montoro. O ministro de Facenda e Función Pública comparece para explicar a aplicación da prórroga dos orzamentos de 2018.

Será o xoves cando compareza a última das ministras, en concreto Fátima Bañez, que ás 10.00 comezará a informar na comisión de Emprego sobre a evolución do mercado de traballo e as actuacións que o Goberno ten previsto realizar nesta materia.

Ademais das comparecencias dos ministros, durante a seguinte semana tamén se celebrarán a comisión de investigación sobre o presunto financiamento ilegal do PP, na que intervirán os xornalistas Pedro J. Ramírez e Óscar López Fonseca; a comisión mixta para a Unión Europea, onde comparecerá o representante da Unión Europea na negociación do Brexit, Michel Barnier; e a comisión para a avaliación e modernización do Estado Autonómico. Nesta última intervirán o expresidente do Gobierno de Canarias, Jerónimo Saavedra; o expresidente da Región de Murcia, Ramón Luís Valcárcel; o exministro de Administración Territorial, Rafael Arias e o exministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.