Na anterior entrada falaba da reunión da Xunta Directiva do PP de G celebrada hoxe en Santiago de Compostela.
Pois ben nela Alberto Núñez Feijóo lembrou que esta semana se conmemoran dúas datas sinaladas para os populares galegos.
A primeira, o cabodano do pasamento do presidente fundador do Partido Popular Manuel Fraga, do que sinalou que “a súa herdanza política segue moi presente”, dado que converteu á súa formación “no primeiro partido dos galegos e do conxunto dos españois”. “É unha honra presidir este partido en Galicia, pero aínda é unha honra maior facelo despois do presidente Fraga”, incidiu.

O presidente referiuse ao XIII Congreso Autonómico de 2006 como “un acto de xenerosidade” e agradeceu unha vez máis o apoio que lle brindou o partido. “Xa non son ningún descoñecido e ningunha incógnita”, ironizou, para recalcar que “hoxe teño máis ganas ca nunca de seguir construíndo a Galicia que queremos”.
Agora no despacho acudo ao meu album dixital e atopo estas duas fotografias daquel senlleiro día 15 xaneiro de 2006 no que era testemuña directo do emocionado relevo de Fraga por Feijóo ao frente do PP de G, en presenza de Mariano Rajoy, e de Ana Pastor.
Doce anos despois, un preside o Goberno de España, outra o Congreso dos Deputados e outro o Goberno de Galicia. E D. Xerardo Fernández Albor, tamén na foto, acaba de cumprir cen anos.
O meu recordo tamén a D, Manuel, sempre presente entre os que tivemos a sorte de coñecelo e tratalo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta