Feijóo": O novo modelo de financiamento debe decidirse non con base nos intereses dun ou de 17 territorios, senón con base nos intereses dos 47 millóns de españois"

Salientar que esta mañá tivo lugar en Madrid unha importante  reunión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, na que o tema principal a tratar foi o modelo de financiamento autonómico.
E, nesta liña, o presidente da Xunta entregou ao ministro de Facenda o documento elaborado pola comisión de expertos creada a raíz da conferencia de presidentes autonómicos o pasado mes de xuño; e insistiu en que este asunto, ao igual que a reforma constitucional, debe decidirse non con base nos intereses dun ou de 17 territorios, senón con base nos intereses dos 47 millóns de españois, porque son as persoas e non os territorios os que financian o Estado e posúen a soberanía nacional.
O responsable do Goberno galego fixo fincapé na necesidade de revisar o sistema pensando nos servizos que se prestan ás persoas e no seu custo, apostando por un sistema de financiamento baseado na multilateralidade, que teña en conta de xeito adecuado variables como a dispersión ou o avellentamento, e o peso da sanidade como unha peza separada.
Feijóo trasladou ao ministro a necesidade de que as diferenzas no endebedamento entre as comunidades non sexan un elemento definitorio para a asignación do financiamento. “Os galegos non comprenderiamos que, despois dos importantes esforzos que fixemos para garantir a estabilidade orzamentaria nos anos da crise, o novo sistema premiase a aquelas que incumpriron”, recalcou.
Cristóbal Montoro e o titular da Xunta constataron os avances no programa construtivo das fragatas F110, que se desenvolverá nas instalacións de Navantia Ferrol, reforzando a posición do estaleiro, que suma nos últimos anos proxectos por máis de 1.300 millóns de euros, grazas aos pedidos militares e á súa volta á construción civil, así como á diversificación da súa actividade en eidos como a eólica mariña.
Logo de resaltar que este proxecto garantirá carga de traballo ata a segunda metade da década de 2020 –con 1.300 empregos directos e 2.000 empregos vinculados á industria auxiliar-, Feijóo fixo fincapé en que, ao mesmo tempo, Navantia está tomando posición nos retos tecnolóxicos aos que se enfronta o sector naval coa súa participación na unidade mixta de investigación na procura do estaleiro 4.0, que está a desenvolver en colaboración coa universidade e a Xunta.
Tamén  Feijóo obtivo o compromiso do Goberno central de tres anos de bonificación fiscal para os patrocinadores do Xacobeo 2021, estendéndoa así aos anos 2019, 2020 e 2021 –noutros anos xacobeos foron dous anos a bonificación fiscal para patrocinio-. Unha decisión que, tal e como asegurou, contribuirá a converter o vindeiro ano santo nunha oportunidade histórica que, ademais de reforzar o Camiño de Santiago, actuará como un dinamizador fundamental no ámbito cultural e económico.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.