A Xunta confirma o incremento de prazas no programa de termalismo que o IMSERSO ofrece nos balnearios de Galicia

Onte o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha importante xuntanza coa ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Montserrat.
Nela foi confirmado o incremento do número de prazas do Programa de Termalismo Social que o IMSERSO ofrece nos balnearios galegos. Unha excelente nova moi agardada en Galicia e especialmente en Ourense.
Tras a reunión, Feijóo cualificou de moi positiva esta decisión que pon en valor a aposta da Xunta por este sector, cun gran potencial sanitario, social e turístico. Non en van Galicia conta cunha grande variedade e riqueza de augas mineiro-medicinais de alta calidade que, xunto a profesionais cualificados e unhas modernas instalacións fan da Comunidade a primeira potencia termal de España e a segunda de Europa.
Neste contexto, Feijóo trasladou á ministra os dous plans que o Goberno galego está a desenvolver nos últimos anos: Ourense, provincia termal e o Plan de turismo de Saúde e Termal de Galicia. Dúas iniciativas que se complementan coa creación da Cátedra de Hidroloxía Médica da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, en cuxa creación tamén participou o Goberno galego.
No tocante ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral, o titular do Goberno galego avanzou que neste primeiro trimestre do ano, Xunta e Ministerio asinarán o acordo de cofinanciamento co obxectivo de, paulatinamente, completar e aumentar os servizos e funcións ata convertelo nun centro de referencia estatal en materia de discapacidade.

Durante unha xuntanza coa ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Montserrat, Feijóo abordou tamén o impulso das políticas sociais que será novamente un eido prioritario para Galicia neste 2018, cun orzamento total de 700 millóns de euros. 


Ao respecto, e logo de destacar a posta en valor do Goberno central sobre o avance da Comunidade no eido social co compromiso de chegar aos 60.000 dependentes atendidos neste ano, Feijóo resaltou a intención da ministra de visitar entre o mes de febreiro e marzo Galicia para falar da evolución orzamentaria do Estado en materia de dependencia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.