lunes, 15 de enero de 2018

Adif AV afirma que conta con capacidade orzamentaria para financiar a LAV Madrid-Galicia independentemente da aprobación dos PGE


Difunde esta tarde Adif Alta Velocidade unha nota de prensa que literalmente di: "reitera o compromiso do Ministerio de Fomento de finalizar as obras da Liña de Alta Velocidade ( LAV ) Madrid-Galicia e comezar a fase de probas, no tramo Pedralaba-Ourense, a finais de 2019.

A planificación financeira de Adif AV permítelle conseguir fondos para o desenvolvemento dos seus proxectos a través de distintas fontes independentemente da aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, dispoñendo ademais dunha capacidade de endebedamento que lle concede unha marxe suficiente de independencia respecto dos PGE.

A LAV Madrid-Galicia conta cun orzamento de 4.029 millóns de euros (incluída a Variante de Ourense, en fase de proxecto).

A vontade do Ministerio de Fomento, a través de Adif, é lograr que Galicia poida estar conectada por alta velocidade co resto de España no menor prazo posible.


Neste sentido, o Ministerio conseguiu desbloquear en 2017 algúns dos tramos retardados por problemas técnicos. Desta maneira, na actualidade atópanse finalizados ou en execución todos os tramos entre Zamora e Taboadela (Ourense) co obxectivo final de cumprir cos prazos comprometidos".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta