sábado, 27 de enero de 2018

Feijóo: "Galicia está disposta a liderar o Pacto Educativo que España necesita”


O Partido Popular celebrou hoxe unha Convención Nacional de Educación en Santiago, na que o presidente Alberto Núñez Feijóo estivo acompañado polo vicesecretario de Política Social e Sectorial do PP, Javier Maroto, e polo ministro de Educación, Cultura e Deportes, Íñigo Méndez de Vigo.
O presidente do Partido Popular de Galicia, asegurou que Galicia está disposta a liderar o Pacto Educativo que España necesita”, salientando que “o Pacto de Estado Social e Político pola Educación é a maior oportunidade educativa nestes 40 anos”. 
SISTEMA EQUITATIVO, PLURAL E INNOVADOR

Fixemos un sistema educativo como nos gustaría que fose Galicia: equitativa, plural e innovadora”, destacou o presidente logo de recoñecer que para que unha folla de ruta educativa teña éxito é necesario que sexa compartida coa comunidade docente. Neste senso, afirmou que o mérito dos resultados da Educación pública galega é, ante todo, dos seus 30.000 profesionais, aos que a Xunta debe acompañar.

Máis polo miúdo, explicou que a Educación debe ser reflexo e guía da Galicia equitativa e integradora que garanta a igualdade de oportunidades e, nese senso, os datos amosan que imos polo rumbo axeitado: o informe PISA recoñece que temos o sistema educativo máis equitativo de España e do mundo; cada día 90.000 alumnos da Educación pública se benefician do transporte escolar grazas ao maior investimento de España -105 millóns de euros-; e logramos ofrecer unha formación de primeiro nivel aos alumnos con necesidades especiais -o 92% deles integrados en centros ordinarios-. 
Por outra banda, fixo referencia á aposta da Xunta polo plurilingüismo, expoñendo que, se en 2009 había menos de 13.000 alumnos que recibían un ensino plurilingüe, en 2018 hai 106.000; se hai nove anos en Galicia non había ningún centro plurilingüe, hoxe hai 322; mentres antes había 720, agora temos seis veces máis seccións bilingües nos centros; e pasouse de 67 auxiliares de conversa a 550. Ademais das cifras, Feijóo salientou a implantación dunha nova Estratexia de linguas estranxeiras que, coa vista posta en 2020, estenderá o plurilingüismo ao 100% dos alumnos do ensino obrigatorio, pois “hoxe en Galicia as linguas non son un problema, senón unha oportunidade”.
No tocante á innovación, o presidente remarcou o pulo ao crecemento intelixente, sinalando accións como o kits de robótica nos centros de primaria e secundaria; o novo bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía; ou a mellora do libro dixital.
Feijóo non esqueceu tampouco a auténtica revolución silenciosa que viviu a Formación Profesional, poñendo en valor que hoxe haxa 51.000 matriculados, case un 50% máis que hai nove cursos, e que oito de cada dez atopan un traballo ao rematar a súa formación. 
PROXECTO EDUCATIVO COMÚN

Tras deixar claro que “non queremos un sistema educativo que adoutrine, que os colexios sirvan para inflar aínda máis o ego de certos políticos, ouque nas aulas se eduque no sectarismo ou no resentimento”, o líder dos populares galegos pediu aos docentes que, sempre que pensen que algo se fai mal ou que podería facerse mellor, o trasladen.

Feijóo tamén subliñou que en Galicia apostouse por incorporar ao profesorado a un proxecto educativo común, con iniciativas como un Plan anual de formación; a análise das competencias profesionais docentes; e reforzando a estabilidade. De feito, xa somos a Comunidade coa menor taxa de interinidade de España e este ano propoñerase convocar 1.919 prazas en 30 especialidades diferentes, case o dobre que o ano pasado. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta