A centenaria beleza da Ponte Nova de Ourense


Paseo esta tarde pola ribeira do río Miño na proximidade da Ponte Nova, o que me permite ter outra visión desta gran obra de enxeñería que cumprirá o 20 de xuño deste ano, un século.

Vexo con detalle os seus seis arcos de sillería e o tramo metálico de arco parabólico de 74 metros de luz. Aprecio tamén as áncoras, follas de carballo e outros motivos que decoran os baixorrelevos dos arcos en pedra dos extremos desta ponte que na sua parte superior leva uns farois de fundición realizadas polos Talleres Iglesias de Madrid.

Esta ponte formou parte do proxecto da chamada, Estrada de Primeira Orde desde o Campo de San Lázaro de Ourense ata a Estación de Canedo (ferrocarril de Ourense a Vigo)·

O seu proxecto foi aprobado definitivamente por Real Orde do 22 de febreiro de 1909. Poxáronse as obras o 7 de abril de 1910. O orzamento de contrata era de 1.211.996 ptas.


29 de agosto de 1917 redactouse un proxecto reformado por importe de 1.310.464,20 ptas. Foi aprobado por Real Orde de 22 de outubro de 1917 o que supuso un  aumento de 98.468 ptas. sobre orzamento primitivo.



O 4 de decembro de 1917 enviouse á superioridade un segundo reformado importante 1.353.663,97 ptas. que mereceu a aprobación o 21 de decembro de 1917 sendo o orzamento vixente polo que liquidáronse as obras".

Aínda que o prazo inicial de execución de obras foi de 5 anos, por diversas razóns, as obras deberon terminar o 13 de xaneiro de 1918.

Esta Ponte representou a chegada da modernidade a Ourense, posibilitando unha nova comunicación viaria sobre o río Miño que ata entón só era posible por medio da histórica Ponte Romana.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta 



Con la tecnología de Blogger.