jueves, 25 de enero de 2018

EPA IVT 2017: Galicia remata 2017 con 22.100 parados menos que hai un ano

No cuarto trimestre de 2017 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.336.300 persoas, das cales 1.237.900 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 16.300 persoas e a taxa de actividade diminúe seis décimas con respecto ao terceiro trimestre de 2017.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2016, o número de activos diminúe en 15.900 persoas e a taxa de actividade diminúe catro décimas.

A ocupación diminúe en 16.700 persoas no cuarto trimestre de 2017 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.055.800 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,6% neste trimestre, ata o 45,2%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 6.200 persoas, o que supón unha suba do 0,6% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre diminúe tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 12.800 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2017 e a ocupación das mulleres diminúe en 4.000 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha diminución da taxa de ocupación masculina de 1 punto e dúas décimas na feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2016, o número de homes ocupados diminúe en 2.500 persoas (un 0,5%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 1,7%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados neste trimestre diminúe en todos os sectores. A maior diminución dáse nos servizos, onde a cifra diminúe en 8.700 persoas con respecto ao trimestre pasado e sitúase en 743.500 persoas. Na agricultura e pesca diminúe en 5.000 persoas; na industria diminúe en 2.200 persoas e na construción diminúe en 800 persoas neste trimestre.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2016, a ocupación diminúe na agricultura e pesca un 5,3% e na construción un 6,4%; pola contra, na industria aumenta un 4,7% e nos servizos un 1%.

En Galicia había 838.900 asalariados no cuarto trimestre de 2017, 614.200 con contrato indefinido e os 224.600 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 4.800 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un incremento de 0,8 puntos en termos relativos. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal diminúe en 13.900 persoas (o que supón, en termos relativos, unha diminución do 5,8% con respecto ao terceiro trimestre de 2017). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido incrementáronse un 1,5% e os asalariados con contrato temporal un 2,1%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, diminúe 1,3 puntos neste trimestre, ata situarse no 26,8%.

No cuarto trimestre de 2017 en Galicia había 182.100 persoas en paro, 400 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 0,2 puntos e sitúase en 14,7%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2016, o número de parados e paradas diminúe en 22.100 persoas (un 10,8%) e a taxa de paro 1,6 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino e diminúe o feminino: o número total de homes parados sitúase en 91.700 persoas (5.500 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 90.500 persoas (5.100 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina aumenta 1 punto e a feminina diminúe 0,6 puntos, situándose a primeira no 14,2% e a segunda no 15,2%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 11.000 persoas (un 10,7% menos), e o volume de paradas en 11.000 persoas (un 10,8% menos que hai un ano).

No cuarto trimestre de 2017, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 4.400 unidades e sitúase en 66.100. Respecto ao cuarto trimestre de 2016, esta tipoloxía de fogares diminúe un 5%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 700 unidades. O número de fogares nesta situación é de 583.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 12.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,2% en termos relativos.

Dos 320.000 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 117.500 (o 36,7%) están ocupados, 42.000 (o 13,1%) parados e os 160.400 (o 50,1%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 36,7% no cuarto trimestre de 2017. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 3,4 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2016 diminúe 0,5 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 26,3% neste trimestre; aumenta 1,3 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2016 diminuíu 0,2 puntos.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 61,4%.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta