Hoxe coñecemos os datos da EPA correspondentes ao IV Trimestre de 2017.
Estos son os principais resultados referidos ao conxunto de España:
O número de ocupados diminúe en 50.900 persoas
no cuarto trimestre de 2017 respecto ao trimestre anterior (un –0,27%) e
sitúase en 18.998.400. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,39%. O emprego creceu en 490.300 persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,65%.
A ocupación no sector público aumenta este
trimestre en 12.700, mentres que no sector privado redúcese en 63.500. Nos 12
últimos meses o emprego incrementouse en 401.600 persoas no sector privado e en
88.600 no público.
O total de asalariados sobe este trimestre en
15.900. Os que teñen contrato indefinido aumentan en 118.800, mentres que os
que teñen contrato temporal descenden en 102.900. En variación anual, o número
de asalariados crece en 537.100 (o emprego indefinido incrementouse en 357.900
persoas e o temporal en 179.200). O número de traballadores por conta propia
baixa en 66.300 este trimestre e en 45.400 nos 12 últimos meses.
A ocupación aumenta este trimestre na
Agricultura (43.700 máis) e a Industria (40.700), e descende nos Servizos
(–124.300) e a Construción (–10.900). No último ano o emprego subiu en todos os
sectores: en Servizos hai 289.700 ocupados máis, en Industria 132.200, en
Construción 64.300 e en Agricultura 4.000 máis.
Os maiores incrementos de emprego este
trimestre prodúcense en Comunitat Valenciana (21.800 máis), Andalucía (19.300) e Canarias (16.600). Os maiores descensos danse en Illes Balears (65.500 menos), Castela e León (–20.900) e Galicia (–16.700). No último ano os maiores aumentos do número de ocupados obsérvanse en Andalucía (126.400), Cataluña (113.600) e Comunidad de Madrid (66.200). Pola súa banda, o maior descenso dáse en Castela e León, con 7.100 menos.
O número
de parados sobe este trimestre en 34.900 persoas (0,94%) e sitúase en
3.766.700. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do –1,65%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 471.100 persoas (–11,12%).
A taxa de paro sitúase no 16,55%, o que supón
16 centésimas máis que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu
en 2,09 puntos.
Por comunidades, as maiores baixadas do paro
este trimestre danse en Andalucía (45.000 parados menos), Comunitat Valenciana (–17.200) e País Vasco (–10.000). E os maiores aumentos na Comunidade de Madrid (51.800 parados máis), Castela-A Mancha(15.500) e Illes Balears (15.400) En termos anuais, as maiores reducións do número deparados prodúcense en Andalucía (159.700 menos), Cataluña (–79.200) e Comunitat Valenciana (–57.400).
O número
de activos diminúe este trimestre en 15.900, ata 22.765.000. A taxa de
actividade baixa 12 centésimas e sitúase no 58,80%. No último ano a poboación
activa aumentou en 19.100 persoas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta