Feijóo: " despois de 30 anos gobernando esta terra, O PPdeG ten moito máis futuro que pasado”

Viaxo está mañá a Santiago para asistir á Xunta Directiva do  Partido Popular de Galicia deste 2018, na que o presidente Alberto Núñez Feijóo, sinalou que “despois de 30 anos gobernando esta terra, O PPdeG ten moito máis futuro que pasado”. Neste mesmo sentido, convidou aos seus compañeiros a mostrárense “ilusionados por todo o que queda por facer” en materia de economía e mellora dos servizos públicos, así como por “dar resposta ás inquedanzas dos galegos”.

“A RENOVACIÓN POLÍTICA EN GALICIA É O PPDEG”

O líder dos populares reivindicou que o espazo político que ocupa o PPdeG “non é simplemente o centro, a esquerda ou a dereita; o nacionalismo ou o constitucionalismo. O espazo político do Partido Popular de Galicia é Galicia, sen excepcións”, un feito que explica que as demais formacións non sexan quen de acadar o seu propio lugar, xa que os populares “servimos a toda Galicia”.

Insistindo neste argumento, o presidente destacou que a renovación política na nosa Comunidade represéntaa o Partido Popular. “Aquí coñecémonos todos”, salientou, para lembrar que en Galicia quen fala claro e quen defende a convivencia constitucional son os populares. 

Nun sentido similar, apuntou que a organización “renovouse hai 12 anos e nunca deixou de facelo”, para expoñer que “o auténtico cambio consiste en adaptar unha proposta política á evolución da sociedade, corrixindo os erros e abundando nos acertos”, así como en abrir as portas do partido a aqueles que estean dispostos a sumar. “Galicia evoluciona e o PPdeG debe seguir amoldándose a ela, porque esa será a clave para conseguir novos éxitos”, sentenciou.

O “FRACASO” DA OPOSICIÓN 

Logo de lembrar que “a historia do Partido Popular está chea de momentos nos que fixemos posible o imposible”, e de facer un repaso dos triunfos recentes da formación, Feijóo explicou que “as vitorias deste partido non son casuais, como tampouco o é o fracaso dos outros, nin a súa constante desorientación e inestabilidade”

Neste mesmo sentido, desbotou a idea de que os 17 líderes que tivo a oposición nestes anos non tivesen virtudes, e apuntou que “non é sinxelo” facer oposición a un partido que sente Galicia como o fan tamén a maioría das galegas e galegos, que estivo e está ao carón deles nos momentos máis difíciles e traballa cada día polo progreso da nosa Comunidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.