domingo, 10 de diciembre de 2017

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados

O Pleno do Congreso dos Deputados comeza o martes coa toma en consideración dunha Proposición de Lei, presentada polo Grupo Popular, de modificación do Código Civil, a Lei Hipotecaria e a Lei de Axuizamento Civil, sobre o réxime xurídico dos animais.

O grupo promotor compara os ordenamentos xurídicos europeos co español e propón unha descrición positiva similar aos códigos civís francés e portugués que diferencia aos animais, por unha banda, das persoas e, por outro, as cousas e outras formas de vida como as plantas.

A reforma ten o obxectivo de asentar este principio no Código Civil, modificar a Lei Hipotecaria, para impedir que se estenda a hipoteca aos animais; e a Lei de Axuizamento Civil, para declarar inembargables aos animais.
A continuación debátese a tramitación da Proposición de Lei Orgánica, presentada por Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, que modifica os criterios de aplicación da Regra de Gasto.
Esa Proposición de Lei orgánica permitiría que as "corporacións locais que cumpren cos criterios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, así como co período máximo de pago da débeda comercial, reinvestir o seu superávit fiscal para garantir a prestación dos servizos públicos da súa competencia".

Os promotores da iniciativa critican que a regra de gasto, coa súa actual formulación, implica necesariamente unha perda continuada de peso do gasto público, supón un agravio comparativo respecto da administración central e limita o gasto social.
Proposicións non de Lei e mocións
A primeira iniciativa insta o Goberno a non considerar como unidade económica os supostos de familiares en segundo ou terceiro grao de consanguinidade que convivan nun centro asistido ou residencia para maiores. Esta iniciativa xorde despois de que recentemente dúas irmás beneficiarias de pensións contributivas fosen excluídas por convivir na mesma residencia de maiores.

Posteriormente, debátense as Proposicións non de Lei do Grupo Socialista sobre o acceso das pensións non contributivas da Seguridade Social e do Grupo Popular contra o boicot aos produtos cataláns.

A segunda proposición non de lei pretende que o Congreso recoñeza "a actitude irresponsable dos partidos independentistas ten prexudicado a situación económica" e apoie a "todos os produtos marca España, incluídos por iso os cataláns, sen que se exerza ningunha discriminación nin ningún tipo de boicot cara a eles".
Na quenda das mocións consecuencia de interpelación, debátense as iniciativas do Grupo Socialista, sobre a mellora das pensións de viuvez para persoas con 65 ou máis anos de idade con menores ingresos; de Cidadáns sobre os plans do Ministerio de Fomento para o impulso do Corredor Mediterráneo; e de Unidos En Comú Podem-En Marea relativa á política do Goberno en materia de administración de Xustiza.
Sesión de Control e debate de Decretos-Leis

O Pleno renóvase o mércores coa sesión de control ao Goberno con preguntas ao Goberno e interpelacións urxentes. Finalizada a sesión de control ao executivo, os deputados deliberan sobre a convalidación ou derrogación de reais decretos-leis que transpoñen directivas europeas.

O Real Decreto. Lei polo que se modifica o Código de Comercio, a Lei de Sociedades de Capital e a Lei de Auditoría de Contas, en materia de información non financeira e diversidade ordena ás empresas con máis de cincocentos traballadores a informar de cuestións sociais, ambientais e loita contra a corrupción. No caso das sociedades anónimas cotizadas, ademais, obriga a informar da diversidade do seu consello de administración.
Pola súa banda, o Real Decreto-lei 19/2017, do 24 de novembro, de contas de pago básicas, traslado de contas de pago e comparabilidade de comisións obriga ás entidades de crédito crear un novo produto bancario cuxa comisión máxima estará fixada polo Ministerio de Economía: as contas de pago básicas.

Así mesmo, a norma obriga aos provedores de servizos a entregar ao novo cliente dunha conta bancaria un informe sobre as comisións que actualizará anualmente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta