Escoitando a Pedro Puy un político preparado e moderado que traballa por Galicia na búsqueda de consensos

Asisto esta mañá en Santiago de Compostela ao almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum-Tribuna Galicia a cargo do voceiro deo PP de G no Parlamento de Galicia, Pedro Puy.
Foi presentado por Alberto Núñez Feijóo que destacou de Puy  a súa vocación de servizo público, presente desde o inicio da súa traxectoria profesional “e, especialmente, importante para Galicia nunha época na cal facían falta moito máis de dous telexornais para falar con propiedade de cousas como a estabilidade orzamentaria, as regras de gasto, o fondo de liquidez ou as reformas do financiamento autonómico”.
“Estamos a falar dun home impermeable ao sectarismo, capaz de relacionarse e de aprender de todos os pensamentos”, asegurou, agradecendo todas as súas achegas.
Co obxectivo de acertar na xestión do interese xeral, o responsable do Goberno galego fixo fincapé na necesidade de apostar por unha política que pense máis aló do día de mañá, afastada de análises superficiais e de réditos inmediatos.
Feijóo concluíu insistindo na idea de perfeccionar sempre que se poida os instrumentos de convivencia, pero rexeitando que se faga a conta de cuestionar no seu conxunto o modelo actual, “e moito máis sen que se acorden certas regras básicas dentro de calquera nación que respecte por igual a todos os cidadáns”.
Núñez Feijóo, tamén sostivo que a revisión do modelo de financiamento ou a reforma constitucional, “sabendo que son dous asuntos de tanta importancia”, deben decidirse non con base nos intereses dun ou de 17 territorios, senón “con base nos intereses dos 47 millóns de españois que somos hoxe e tamén dos que nos sucederán”.
Deste xeito, destacou a necesidade de non volver caer nesa tendencia narcisista, que non pensa nin con visión de conxunto nin con visión de futuro, recordando que moitos dos problemas que sofre o país veñen dela: a crise económica, o crecemento do populismo e a deriva independentista.
Así mesmo, salientou que quen antes sofren as consecuencias de todo isto, as primeiras vítimas, son os cidadáns: “Os que primeiro padeceron as consecuencias da crise que se lles ocultou durante máis de dous anos; os que primeiro se están decepcionando ao descubrir que as receitas máxicas que prometeu o populismo sinxelamente non existen; e os que primeiro están a pagar a elevadísima factura do independentismo”, dixo, resaltando a necesidade de enfrontar aos cidadáns cos seus problemas colectivos, en lugar de escondelos ou disimulalos.

Pedro Puy mostrouse “preocupado” polo feito de que se fale de reforma constitucional “sen que se diga que se quere reformar”. Engadiu que, se a reforma quérese abordar “con seriedade”, débese dicir “en que aspectos” hai que actuar para “alcanzar consensos”. Tamén lamentou que se fagan referencias á Carta Magna “como algo que non serve para nada”.
Mostrouse, ademais, escéptico sobre unha futura modificación da lei electoral. Puy considera que a actual normativa “garante a pluralidade e a gobernabilidade de España”, mesmo en circunstancias complexas como as actuais.
De feito, cre que un cambio na lei pode perpetuar momentos de ingobernabilidade como os vividos en España en 2016 tras a celebración de dúas eleccións xerais ou o que está a suceder actualmente en Alemaña.

Ademais, atreveuse a augurar que a situación de fragmentación parlamentaria que vive España agora “non durará moito” e que “volverán” coexistir “dous grandes partidos de centro-dereita e centro-esquerda”, como xa sucedeu antes da irrupción de forzas como Podemos ou Cidadáns.
Preguntado polo modelo de financiamento que busca para Galicia, Puy asegurou que desde o seu partido están a defender varios principios, entre os que destaca o de suficiencia, o de liberación total e o que inclúa o custo real de prestación de servizos públicos en cada comunidade autónoma. Este último punto ten en consideración a elevada dispersión e o alto envellecemento da poboación galega, que aumentan o custo dos servizos respecto da media española.
O portavoz do PP no Parlamento de Galicia tamén indicou que “non debe prexudicarse” o volume de recursos que cada autonomía recibe actualmente, así como non xerar efectos nocivos desincentivadores, que premien a aquelas rexións que incumpren co obxectivo de déficit.

Puy, sinalou que Galicia alcanzou o seu máximo histórico en renda per cápita, con 89,1 puntos sobre os 100 da media española.

E engadiu que, á vista destes datos, Galicia pasa “de ser a décimo sétima comunidade autónoma no ano 2000 á décima actualmente”. Unha evolución que foi posible, en parte, grazas ao crecemento do PIB a taxas do 3% anual. Ademais, o portavoz do PP galego puxo en valor a priorización o gasto social por parte da Xunta de Galicia e indicou que se aumentaron as partidas en ámbitos tan importantes como a sanidade (que pasa do 35,3% do gasto total autonómico en 2009 ao 40,7% actual) e a educación (do 22,8% ao 24%), e todo iso a pesar de contar cun orzamento de “1.000 millóns de euros menos”. Tamén destacou que entre os factores que explican esa melloría da economía galega atópase a diminución da taxa de desemprego, que se situou no 14,5% da poboación activa no terceiro trimestre de 2017, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estatística (INE).


Foi un pracer escoitar a Pedro Puy Fraga, un brillante "xestor de palabras" que exerce a política con preparación, moderación e que traballa na búsqueda de consensos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.