Melloras para fomentar a competitividade do polígono industrial das Coiñás

Esta mañá o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde,  acompañado polo alcalde Jesús Vázquezvisitou o polígono industrial das Coiñás, emprazado no barrio de O Vinteún de Ourense, onde comprobou os primeiros resultados do plan de mellora integral que se está acometendo nesta infraestrutura grazas a un protocolo de actuación que se asinou o pasado mes de abril entre a Xunta e o Concello.
O investimento ascende a 421.000 euros, destinados á reposición da pavimentación, saneamento, abastecemento, iluminación pública, telecomunicacións e sinalización. En concreto, a urbanización para mellorar o acceso ao polígono polo novo enlace desde a estrada para permitir a entrada e saída do tráfico rodado en condicións de seguridade; mellora da calzada, renovando a pavimentación; actualización da iluminación pública ás novas novas directivas de aforro enerxético; renovación da rede de saneamento, pluviais e abastecemento; mellora do acceso de peóns, con sinalización e ampliando o campo de visualización dos vehículos de tráfico pesado; e actualización da rede de telefonía.
Tiven oportunidade de participar nesta visita, invitado polo presidente da Asociación de Empresarios de este Polígono, José Lorenzo Ribagorda, vello amigo dos meus tempos na Cámara de Comercio de Ourense, onde redactamos os Estatutos desta eficaz asociación que conta con 21 empresas asociadas. 
Ante os medios de comunicación, o Alcalde dixo que “é un investimento fundamental, que agradezo especialmente á Consellería de Industria e o seu conselleiro Francisco Conde, pola sensibilidade que nos amosaron para entender a importancia e necesidade deste investimento” ao tempo que lembrou as 50 novas hectáreas de solo destinada a usos industriais e de servizos que prevé o futuro plan xeral.
Pola súa parte, Francisco Conde avanzou que a Xunta convocará proximamente as axudas de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a mellora das infraestruturas nos parques empresarias e para a creación de viveiros de empresa, ás que destinará preto de 6,4 millóns de euros.
Indicou que os Concellos Emprendedores terán preferencia nestes apoios, lembrando a importancia de que os municipios se adhiran ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para contribuír ao incremento do investimento na Comunidade galega.
Nestes senso, indicou que Ourense mostrou xa o seu interese por converterse nun Concello Emprendedor para colaborar no obxectivo fixado na Lei de implantación empresarial: a captación de novos investimentos para Galicia a través da mellora dos servizos e da fiscalidade.
Indicou que os dous programas de axudas para parques empresariais e viveiros, como as obras de mellora que se levan a cabo nos polígonos industriais de Galicia, están precisamente enmarcados nesta nova normativa coa que o Goberno galego está impulsando as máximas facilidades para o desenvolvemento da actividade empresarial na Comunidade galega. Entre as medidas que contempla inclúense a axilidade administrativa, a redución de impostos e que as empresas interesadas en instalarse en solo industrial galego poidan contar coas mellores instalacións e servizos.
Para iso, o programa para parques empresariais está dotado con 5,8 millóns de euros para financiar actuacións relacionadas coa posta en marcha de plantas de depuración de augas, xestión de residuos, mellora de infraestruturas viarias interiores e exteriores, sistemas de seguridade e vixilancia e equipamentos contra incendios e contra o roubo de cable.
Os apoios para a creación de viveiros industriais de empresas nos polígonos, que contan cun orzamento próximo aos 600.000 euros, cobren os gastos para a construción, reforma ou adecuación do equipamento interior de naves industriais.
Como novidade, nas dúas iniciativas, o prazo para a presentación de solicitudes amplíase ata o 15 de marzo, unha vez que as ordes de axudas saian publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O titular de Economía puxo tamén en valor a colaboración institucional entre a Xunta e o Concello de Ourense e co tecido empresarial da provincia e as 21 empresas que forman parte do polígono industrial indicando que “a suma de esforzos” fai posible actuacións como a mellora do parque de Coiñás e que a cidade de Ourense se converta nun foco de investimento.

Por último, Conde animou aos concellos galegos a seguir uníndose a obxectivo da Lei de implantación empresarial que é captar novos investimentos para contribuír a que Galicia xere máis emprego de calidade e riqueza económica.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta 
Con la tecnología de Blogger.