jueves, 28 de diciembre de 2017

Formalizado un contrato de operacións de conservación e explotación en varias estradas de titularidade estatal na provincia de Ourense


Publicaba onte o Boletín Oficial do Estado, o anuncio de formalización dun contrato da Dirección General de Carreteras do Ministerio de Fomento, cuxo obxecto é a execución de operacións de conservación e explotación nestas estradas: diversos tramos ds A-52; A-75; N-525; N-532. Provincia de Ourense. Expediente: 30.11/17-2; 51- OR-0204.


O contrato fora licitado o 5 de xuño de 2017 por un importe (IVE excluído) de 10.935.015,44 euros.



As estradas corresponden ao sector de conservación nº 2:


- Autovía A-52, quilómetros 112,2 (límite coa provincia de Zamora) a 176,0 (Cualedro).
- Autovía A-75, quilómetros 0,0 (Verín) a 12,8 (fronteira con Portugal).
- N-525, quilómetros 115,15 (límite coa provincia de Zamora) a 229,0 (San Cibrao das Viñas).
- N-532, quilómetros 0,0 (Verín) a 14,9 (fronteira con Portugal).
Con data 17 de Outubro de 2017 foi adxudicado ao contratista ACEINSA MOBILIDADE S.A. E ALDESA CONSTRUCIÓNS, S.A. (UTE) e o contrato formalizouse o 1 de decembro de 2017.

O importe neto ou canon de adxudicación, ascende a 7.769.328,47 euros.
Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen o obxectivo de realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.
Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.


Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta