miércoles, 29 de noviembre de 2017

No faladoiro de Radio Voz Galicia

Interveño á primeira hora de hoxe no programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Evá Millán e compartindo micrófono con Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar da campaña -que onte foi presentada polo ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, xunto ao director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano - divulgativa e de concienciación sobre o perigo que supoñen as distraccións durante a condución, en especial, o uso cada vez máis frecuente do teléfono móbil. Xulguei como moi necesaria esta campaña, xa que a condución distraída ou desatendida está detrás do 25% dos accidentes e do 31% dos falecidos, segundo as Principais Cifras de Sinistralidade Viaria 2016.
E tamén citei tamén os datos da Asociación Americana de Automobilismo, no sentido de que usar o móbil para mandar mensaxes implica as tres formas de distracción existentes: a distracción visual, mentres os ollos van lendo a pantalla; a distracción cognitiva, a mente está ocupada elaborando a mensaxe e a distracción manual os dedos van tecleando as letras ou botóns; é dicir, accións que multiplican por 23 a posibilidade de accidente.

Dixen que todos debemos ser máis responsables e concienciarnos dos perigos que creamos para nos e sobre todo para os demáis, ao usar o mobil mentres conducimos.

Tamén falamos do cupo vasco e do financiamento autonómico.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta