A Comunidade Autónoma de Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit do 0,35 % en termos de contabilidade nacional

O Ministerio de Facenda e Función Pública publicou hoxe na súa web os datos de déficit do Estado correspondentes ao mes de outubro, así como o déficit consolidado da Administración Central, Comunidades Autónomas e Seguridade Social, excluídas as Corporacións Locais, do mes de setembro en termos de contabilidade nacional.
Ata o mes de outubro o Estado rexistrou un déficit de 12.867 millóns de euros, o que equivale ao 1,10% do PIB. Esta cociente de déficit é inferior en 0,94 puntos porcentuais á rexistrada no mesmo período do ano anterior, cando se situou no 2,04% do PIB.
A mellora no déficit do Estado débese fundamentalmente ao incremento dos recursos non financeiros, principalmente polos impostos que aumentan un 4%, e ao descenso dos gastos non financeiros que caen ata outubro un 3,2%. Se descontamos os intereses devengados, o saldo primario positivo ascende ao 0,77% do PIB, fronte ao superávit primario do 0,05% do PIB rexistrado no mesmo período de 2016.

Nos tres primeiros trimestres do ano o déficit consolidado das Administracións Públicas, excluíndo as Corporacións Locais, é de 22.981 millóns de euros. Esta cifra exclúe o saldo neto das axudas a institucións financeiras, que a finais de setembro presenta un importe negativo de 403 millóns. En termos de PIB, o déficit é equivalente ao 1,97% en setembro, por baixo do 3,16% rexistrado no mesmo período de 2016.
Administración Central
 A Administración Central rexistrou ata o terceiro trimestre do ano un déficit do 1,47% do PIB, excluíndo a axuda financeira. Se se inclúe dita axuda o déficit sería do 1,50% do PIB, incluíndo o déficit do Estado (1,46% do PIB) así como o dos organismos da Administración Central (0,04% do PIB) correspondentes ao mes de setembro. O déficit da Administración Central reduciuse nun 40,1% respecto ao rexistrado no mesmo período de 2016, debido ao incremento dos ingresos nun 4,2% e ao descenso dos gastos nun 3,7%.
Comunidades Autónomas
A Administración Rexional rexistrou ata setembro un superávit de 992 millóns, fronte ao déficit de 2.044 millóns rexistrado no mesmo período do ano anterior. Nesta evolución influíron fundamentalmente as maiores entregas a conta, que aumentan en 3.148 millóns respecto das entregas do ano anterior e a liquidación definitiva de 2015 realizada o pasado mes de xullo, cun aumento de 983 millóns respecto da de 2014. En sentido contrario destaca o incremento do gasto na remuneración de asalariados e dos consumos intermedios, que crecen respecto ao terceiro trimestre de 2017 un 1,9% e un 2,9% respectivamente.

Galicia

A Comunidade Autónoma de Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit do 0,35 % en termos de contabilidade nacional. Deste xeito, Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellores resultados e mantén o compromiso de cumprir o obxectivo aprobado no Consello de Política Fiscal e Financeira.
No informe publicado hoxe polo Ministerio indica que, ao remate do mes de setembro, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con mellor resultado, só por detrás de Canarias, Baleares e Navarra.

Ademais, o resultado acadado por Galicia é mellor que a media autonómica, que obtivo un superávit do 0,09% neste mesmo período.
Ao igual que en anos anteriores, Galicia prevé cumprir o obxectivo de déficit aprobado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que é do 0,6% para todas as comunidades autónomas. 
O obxectivo da Xunta é que Galicia continúe sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos límites de déficit e de endebedamento fixados polo CPFF.

Parabéns ao Goberno Galego na persoa do seu presidente Alberto Núéz Feijóo e do Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García, por levar a cano unha política que fai que Galicia cumpra, pague, invista e siga mellorando os servizos públicos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.