Onte celebramos unha sesión da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, dedicada á formulación de preguntas ao executivo.
Unha delas formuleina ao Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, coa finalidade de que me actualizase a información sobre os avances na autovía A-56, Ourense-Guntín (Lugo) de 75,9 km.
Dixen que esta autovía figura desde tempos inmemoriais na planificación do Ministerio de Fomento debido a que forma parte do obxectivo de que todas as capitais de provincia estean unidas por este tipo de vías de alta capacidade. Tamén está incluida no PEIT.
Sinaléi que a A-56 é un importante eixo vertebrador da Galicia interior, e polo tanto unha infraestrutura crave para o seu desenvolvemento, e que reducirá significativamente os tempos de percorrido entre as dúas capitais de provincia, Lugo e Ourense, así como o resto de traxectos entre as principais localidades nese eixo.
Preguntei en primeiro lugar polas obras do tramo entre A Barrela e San Martiño que foron retomadas no ano 2015 despois de que fosen suspendidas en 2010 na última etapa do goberno de Roriguez Zapatero.
Sinalou que actualmente se atopan cun grao de execución do 41%, estando prevista a súa finalización no último trimestre de 2018.
Engadín que poden resolverse de modo inmediato e pedinlle encarecidamente que antes de fin de ano licite as obras deste tramo, xa que hai consignación orzamentaria para esta finalidade, dándolle logo continuidade en 2018 e así poder empezar a ver obra executada.
Dixo que están a analizar as alegacións e que o obxectivo é aprobar de maneira inminente a información pública e tamén aprobar o proxecto neste ano 2017 para iniciar de maneira inmediata o expediente para licitar as obras
E preguntei tamén sobre os dous subtramos que integran o tramo Ourense - Cambeo desta autovía.
Manuel Niño dixo que este tramo é a continuación do Variante Norte de Ourense, sinalando que o trazado no subtramo Coles-Cambeo está xa aprobado.
E que no subtramo Ourense-Coles, con data 24 de marzo de 2017 o Ministerio de Medio Ambiente resolveu que non se require novo procedemento ambiental para o trazado proposto, e que están a traballar co obxectivo de poder aprobar o proxecto en 2017, como paso previo á licitación das obras.
Esta é a ligazón ao debate: (Desde o minuto 2:22:19 ao 2:32:15)
http://www.congreso.es/wc/htdocs/web/jsp/canalParlamento/reproductorDirectoAkamai/player_diferidomp4.jsp?codSesion=19&codOrgano=327&mp4=mp4&directo=s&fechaSesion=25%20de%20Octubre%20de%202017&idLegislaturaElegida=12
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta