jueves, 26 de octubre de 2017

Preguntando no Congreso pola A-76 é a Circunvalación de O Barco de Valdeorras

Como dicía na anterior entrada onte celebramos unha sesión da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, dedicada á formulación de preguntas ao executivo.

Unha delas foi a miña, dirixida ao Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, coa finalidade de que me actualizase a información sobre varias estradas na provincia de Ourense ou que afectaban de maneira directa á mesma.

Así, preguntei pola situación actual da autovía A-76 entre a cidade berciana Ponferrada e a capital de Ourense, pasando por Valdeorras e Monforte de Lemos. 

Faleille dos tres tramos que actualmente están en diferentes fases, e moi especialmente interrogueille sobre o máis avanzado, o que vá desde A Veiga de Cascallá ata O Barco de Valdeorras.

Dixen que consideraba que está xa nunha situación que permitiría proceder á licitación inmediata das obras. E que nesta autovía - despois de tantos anos de planificación e redacción de proxectos-  aspirabamos xa, a ver por primeira vez unhas obras en marcha e así dar satisfacción a unha necesidade viaria de comunicación nunha zona na que a actual vía, a N-120, está saturada especialmente polos vehículos pesados que por alí circulan.

Manuel Niñoo, na súa resposta, dixo que o Estudo Informativo correspondente a esta autovía  aprobouse  definitivamente en 2014, e que actualmente están a redactar os proxectos dos tres primeiros tramos desta autovía. 

No caso do tramo ourensán, A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras, que foi sometido a información pública en xullo de 2017, dixo que queren completalo para a continuación aprobar o proxecto e poder iniciar o trámite de licitación das obras. 

No caso do tramo leonés, Villamartín da Abadía-Requejo dixo que teñen previsto sometelo a información pública no último trimestre de 2017.

E no caso do tramo interprovincial, Requejo-A Veiga de Cascallá, dixo que en relación á redacción do proxecto foi adxudicado e formalizado o contrato en xuño de 2017.

Así mesmo, anunciou que é obxectivo do Ministerio o licitar de forma inminente a asistencia técnicia do proxecto da variante de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. 

E finalmente intereseime pola conexión da N-120 e a N-536 a chamada circunvalación do Barco de Valdeorras, unha estrada proxectada para sacar do centro desa Vila, o tráfico dos camións pesados que traballan para o transporte das canteiras de lousa, as máis importantes de España.

Tras dicir que sabiamos que esta actuación na que xa se levantaron as actas de expropiación, está en condicións de licitación de obras, pedinlle que ratificase a consideración de prioritaria desta actuación e que actúen en consecuencia.

Sobre este tema, o Secretario xeral de Instraestructuras Manuel Niño respondeu que o proxecto construtivo foi aprobado en novembro de 2016.

Dixo que entre o 11 e o 20 de xullo deste ano foron levantadas as actas previas á expropiación e que esta actuación está entre as prioridades de licitación de obras da Dirección Xeral de Carreteras en 2017.


Esta é a ligazón ao debate: (Desde o minuto 2:22:19 ao 2:32:15)