Emitido pola Xunta un informe de impacto ambiental favorable sobre o proxecto integrador da nova estación intermodal de Ourense

Onte o Diario Oficial de Galicia, publica o anucio do 4 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto integrador da nova estación intermodal de Ourense: estación de ferrocarril e conexións de permeabilidade, estación de autobuses e aparcadoiro para turismos, no concello de Ourense, promovido pola Dirección Xeral de Mobilidade.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de outubro de 2017 relativo ao citado proxecto.

O proxecto obxecto da estación intermodal de Ourense, redactado en base ao Convenio entre administracións e firmado a tal efecto, consistiría en tres actuacións principais, que serían as seguintes:

-        Estación de autobuses.
- Adaptación da estación de ferrocarril e actuacións de permeabilidade urbana. Estas actuacións atópanse definidas no anteproxecto global para á adaptación da estación de ffcc de Ourense aos novos servizos de alta velocidade desenvolvido por Adif_ Alta Velocidade e redactado en data de abril 2017. Resumíndose en:
 Actuacións en vías, andenes e edificio de viaxeiros de modo que permitan a adaptación da estación de Ourense aos novos servizos de Alta Velocidade.
Actuacións de permeabilidade transversal mediante: • Pasarela peonil de conexión dos barrios “O Vinteún” e “A Ponte” e conexión coa trama urbana. • Nova praza de acceso á estación. • Cobertura de praia de vías no entorno da avenida de Santiago. • Vial rodado sobre vías. • Reposición das edificacións e instalacións afectadas.
Establécense unha serie de condicionantes ambientais e finalmente a proposta logo da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada considera que o proxecto integrador da nova estación intermodal de Ourense: estación de ferrocarril e conexións de permeabilidade, estación de autobuses e aparcamento para turismos, non é previsible que xere efectos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria.
En consecuencia a Resolución acorda formular o informe de impacto ambiental do proxecto integrador da nova estación intermodal de Ourense: estación de ferrocarril e conexións de permeabilidade, estación de autobuses e aparcamento para turismos, en cumprimento do disposto no artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.