martes, 10 de octubre de 2017

Licitada a nova estación de alta velocidade de Sanabria da LAV Madrid- Galicia

Publicou onte o BOE a resolución da Entidade Pública Empresarial Adif-Alta Velocidade pola que se anuncia a licitación do contrato de construción da nova estación de alta velocidade de Sanabria (Zamora)  inscrita no tramo Cernadilla-Pedralba de la Pradería da Liña de Alta Velocidade Madrid- Galicia.

A estación construirase na localidade de Otero de Sanabria, no termo municipal de Palacios de Sanabria, e o acceso realizarase a través dun novo viario de conexión coa estrada nacional N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías Baixas (A-52).

O contrato licitouse por importe de 5.121.748 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 9 meses.

O proxecto comprende as seguintes actuacións:

- O novo edificio de viaxeiros.
- A construción dun novo tramo de 160 m de lonxitude que conecte o viario de acceso ao PAET (Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens) coa urbanización da estación.
- A urbanización da estación: praza de acceso e áreas peonís.
- Aparcadoiro en superficie.
- Pasarela de conexión entre plataformas, escaleiras e rampla.
- Plataformas (soleira, pavimentos e pezas de bordo).
- Marquesiñas.
- Revexetación de taludes e restauración do ámbito de actuación.


https://www.boe.es/boe/dias/2017/10/09/pdfs/BOE-B-2017-58493.pdf


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta