miércoles, 25 de octubre de 2017

No faladoiro de Radio Voz

Interveño á primeira hora de hoxe no programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Eva Millán e compartindo micrófono con Pablo Mosquera.

O tema central foi unha vez máis a situación de Cataluña, poniendo el acento en la preocupación por el desastre social, económico y político que está viviendo.

A este respecto citei as declaracións do ex-conseller de Economía Andreu Mais-Colell, quen o martes dicía nunha entrevista radiofónica que “nin a Generalitat nin o pobo están en condicións de facer viable a independencia”.
E as do conselleiro delegado de CaixaBank, Gonzalo Gortázar, que onte, durante a presentación dos resultados da entidade no terceiro trimestre do ano, que o traslado da sede social e fiscal a Valencia, aprobado polo consello de administración a principios de mes, é indefinido. “Non ten prazos de vixencia e non ten carácter de temporalidade”
Dixen que as próximas horas son decisivas para saber se segue adiante a aplicación do artigo 155 aínda no caso de que Carles Puigdemont convocase unhas eleccións válidas ao Parlament.
Agora, o 155 xa se está tramitando no Senado e, en principio, será aprobado nun pleno que se celebrará o venres.
Unha vez máis fixen un chamamento a responsabilidade e ao seny, que foi un sinal de identidade durante décadas dos cataláns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta