EPA III T 2017: Superamos os 19 millóns de ocupados (19.049.200), unha cifra de emprego que non se vía desde 2009

Difunde hoxe o INE Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao terceiro trimestre de 2017.

Segundo estes datos en España 

O número de ocupados aumenta en 235.900 persoas no terceiro trimestre de 2017 respecto ao trimestre anterior (un 1,25%) e sitúase en 19.049.200.

En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,75%.

 O emprego creceu en 521.700 persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,82%.

- A ocupación no sector público aumenta este trimestre en 58.300 e no sector privado faio en 177.600. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 463.500 persoas no sector privado e en 58.200 no público.

 - O total de asalariados sobe este trimestre en 216.400. Os que teñen contrato indefinido aumentan en 67.500 e os que teñen contrato temporal en 148.900. 

En variación anual, o número de asalariados crece en 502.000 (o emprego indefinido incrementouse en 299.300 persoas e o temporal en 202.700). O número de traballadores por conta propia sobe en 21.000 este trimestre, mentres que nos 12 últimos meses creceu en 19.300.

- A ocupación aumenta este trimestre nos Servizos (236.400 máis), a Industria (34.100) e a Construción (21.000) e descende na Agricultura (55.500 menos). No último ano o emprego subiu en todos os sectores: en Servizos hai 301.700 ocupados máis, en Industria 139.400, en Agricultura 33.200 e en Construción 47.400 máis.

- Os maiores incrementos de emprego este trimestre prodúcense en Comunitat Valenciana (47.400 máis), Cataluña (46.100) e Comunidad de Madrid (40,200). En Andalucía o número de ocupados diminúe en 9.500. No último ano o número de ocupados sobe na maioría de comunidades autónomas. Os maiores aumentos obsérvanse en Andalucía (111.200), Comunidad de Madrid (109.400) e Cataluña (92.700). En Castela e León o número de ocupados descende en 6.100 en variación anual.

- O número de parados baixa este trimestre en 182.600 persoas (?4,66%) e sitúase en 3.731.700. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do ?2,34%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 589.100 persoas (?13,63%). - A taxa de paro sitúase no 16,38%, o que supón 0,84 puntos menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,53 puntos.

- Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Castela-A Mancha (38.300 parados menos), Canarias (26.700) e Comunitat Valenciana (24.600). En termos anuais, as maiores reducións prodúcense en Andalucía (128.200 parados menos), Comunidad de Madrid (92.600) e Cataluña (76.900).

- O número de activos aumenta este trimestre en 53.300, ata 22.780.900. A taxa de actividade sobe nove centésimas e sitúase no 58,92%. No último ano a poboación activa ha descendido en 67.400 persoas.

GALICIA

A ocupación aumenta en 23.600 persoas no terceiro trimestre de 2017 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.072.500 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta 1,1% neste trimestre, ata o 45,8%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 14.600 persoas, o que supón unha suba do 1,4% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumenta tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns aumenta en 14.400 persoas respecto ao segundo trimestre do ano 2017 e a ocupación das mulleres aumenta en 9.200 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha suba da taxa de ocupación masculina de 1,4 puntos e oito décimas na feminina.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2016, o número de homes ocupados aumenta en 4.600 persoas (un 0,8%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 2%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados neste trimestre aumenta en todos os sectores, agás na construción. A maior suba dáse nos servizos, onde a cifra increméntase en 15.300 persoas con respecto ao trimestre pasado e sitúase en 752.200 persoas. Na agricultura e pesca aumenta en 5.300 persoas; na industria aumenta en 4.400 persoas e na construción, pola contra, diminúe en 1.400 persoas neste trimestre.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2016, a ocupación aumenta na agricultura e pesca un 6,5% (é o sector que rexistra maior suba interanual nas cifras de ocupación), na industria un 5,6% e nos servizos un 0,8%; pola contra, no sector da construción a ocupación diminúe un 7,5% entre o terceiro trimestre de 2016 e o actual.

No terceiro trimestre de 2017 en Galicia había 181.700 persoas en paro, 19.800 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,6 puntos e sitúase en 14,5%.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2016, o número de parados e paradas diminúe en 25.000 persoas (un 12,1%) e a taxa de paro 1,8 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 86.200 persoas (13.400 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 95.600 persoas (6.300 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina e feminina diminúen 2,1 e 1,2 puntos respectivamente, situándose a primeira no 13,2% e a segunda no 15,8%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 18.100 persoas (un 17,4% menos), e o volume de paradas en 6.900 persoas (un 6,7% menos que hai un ano).

No terceiro trimestre de 2017, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 6.800 unidades e sitúase en 61.700. Respecto ao terceiro trimestre de 2016, esta tipoloxía de fogares diminúe un 14,4%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 13.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 584.200. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 14.100 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,5% en termos relativos.

OURENSE

Os datos do INE acreditan que Ourense conta no terceiro trimestre de 2017 con 110.600 ocupados (2.600 máis que no trimestre anterior) e  20.000 parados (1.400 menos que que no trimestre anterior).

A taxa de paro sitúase nun 15,29 %, 2,41 puntos menos que hai un ano.

Con respecto ao ano anterior os parados baixan en 3.900 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.