De la Serna explicará na Comisión de Fomento o Plan Extraordinario de Investimentos en Estradas

Ademais da actividade plenaria ordinaria, a próxima semana terá no Congreso unha intensa actividade en Comisións.

Así por exemplo, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, comparecerá o xoves 19 ás 16,30 horas,  a petición propia para explicar, na Comisión de Fomento, o Plan Extraordinario de Investimentos en Estradas que anunciou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o pasado mes de xullo. Así mesmo, De la Serna informará sobre o modelo de colaboración público-privada en materia de infraestruturas.

Neste mesmo blog publicaba o 14 de xullo unha entrada na que daba conta de que nese día tiña asistido no Complexo da  Moncloa, a un acto presidido polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acompañado polo Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna no que foi presentado o Plan Extraordinario de Investimento en Estradas (PIC), un novo mecanismo de financiamento de infraestruturas viarias que leva un investimento de 5.000 millóns de euros e que permitirá actuar sobre máis de 2.000 km nos próximos 4 anos. 

Este plan pretende ser un novo impulso ás infraestruturas no noso país, que se sitúa nestes momentos á cabeza en crecemento e creación de emprego en Europa e que está a piques de superar o procedemento de déficit excesivo. 

E está baseado na colaboración co sector privado e marcado polo compromiso de España de reducir o déficit público, multiplicará por seis a capacidade de gasto que permite o orzamento dun ano.

Agardemos a coñecer nesta vindeira comparecencia máis detalles deste plan de investimento en estradas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.